Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Previa da xornada

Difíciles enfrontamentos para os equipos de E.BM.Xiria este fin de semana

Despois da primeira vitoria en casa fronte ao Teucro, o Calvo Xiria de 1ª nacional afronta unha saída complicada para enfrontarse ao Academia Octavio. O equipo olívico, que se reforzou…

Despois da primeira vitoria en casa fronte ao Teucro, o Calvo Xiria de 1ª nacional afronta unha saída complicada para enfrontarse ao Academia Octavio. O equipo olívico, que se reforzou con xogadores veteranos cun amplo currículo no panorama balonmanístico, parte como un dos favoritos para ocupar as posicións máis altas da táboa de clasificación. A recado que os bergantiñáns terán que dar as súas mellores prestacións e facerse moi fortes dende a defensa. Impoñer un alto ritmo de xogo ao encontro e traballar solucións tácticas a partir da velocidade e continuidade do balón, antóllanse claves para poder facerse cos dous puntos neste complicado duelo. O encontro xogarase no pavillón das Travesas o vindeiro domingo 24 ás 12:00h. Pola súa banda, os infantís, cadetes e xuvenís de División De Honra, xogarán a primeira xornada en casa desta liga 2017/18. Despois de tres vitorias conseguidas o fin de semana pasado, O Seis Do Nadal de Vigo visitará Carballo. Os de Vigo son un dos clubs galegos de referencia e a recado que os seus equipos darán moito traballo aos carballeses se estes queren facerse cos puntos en xogo. Os xuvenís do Laber xogarán ás 10:30 no Vila De Noia, os cadetes farano a continuación, ás 12:30 e os infantís á mesma hora que o conxunto xuvenil pero no pavillón do CEIP Fogar. Os tres encontros disputaranse o vindeiro sábado 23. Ese mesmo Sábado, tamén comeza a competición o Goldie Xiria feminino de 2ª autonómica. As carballesas, con moitas caras novas nas súas filas, inician un camiño iliusionante co obxectivo de recuperar a categoría perdida a tempada pasada e regresar deste xeito á 1ª autonómica. Este comezo será fóra de casa, concretamente en Ourense, no pavillón dos Remedios, onde ás 17:30 espera o Nova Xestión Pavillón.

Máis sobre isto