Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Xuvenil masculino

Vitoria con autoridade do laber Xiria en Ourense

O pasado sábado no pavillón Dous Remedios de Ourense, o Laber Xiria de División De Honra xuvenil iniciaba unha nova tempada na categoría. O encontro resultou plácido desde o inicio…

O pasado sábado no pavillón Dous Remedios de Ourense, o Laber Xiria de División De Honra xuvenil iniciaba unha nova tempada na categoría. O encontro resultou plácido desde o inicio e aínda que os de Carballo comezaba cun 1-0 en contra e tardaban seis minutos en estrear a súa marcadora debida a fallos nos lanzamentos, a partir do 1-1, a contundencia en defensa e a solvencia no contraataque en segunda onda, pronto abríu unha brecha insalvable para o locais, que ao descanso xa perdían por un amplo 5- 19. Non tivo máis historia a segunda parte do envite. Os bergantiñáns continuaron cunha actitude seria, concentrados en defensa e facendo da velocidade unha arma letal. Todos os xogadores convocados, entre eles os cadetes Iker Martínez e Iago Rincón, dispuxeron de minutos, completando do primeiro ao último unha notable actuación. 11-31 ao final do encontro e dous puntos que voan para Carballo, comezando deste modo de forma inmellorable a competición.

A semana que vén, concretamente o Sábado 23 ás 10:30, o laber Xiria enfrontarase ao Seis Do Nadal no Vila De Noia, un dos mellores equipos do campionato, que a recado poñerá as cousas moi complicadas aos bravos xogadores verdinegros.

Nova Xestión Pabellón: 11 (5+6). Alex Álvarez, Martín Rodríguez, Israel Santos (2), Pablo Fernández, Luis Miguel Esteves, Alejandro Sampayo (4), Raul Noguerol (3), Manuel González, Miguel A. Noguera, José R. Fernández (1), Marcos Vila, Pablo Carballo, Sergio Crucis, Salva De Crisbotado (1), Martín Rodríguez, Pablo Romero.

Laber Xiria: 31 (19+12). Samuel Castiñeiras (p), Andrés Vila (8), Fran Rey (4), Roi Alfeirán (2), Manuel Sánchez (1), Andrés Urbieta (3), Daniel Trigo (3), Pedro Pereira (1), Renzo Díaz, Santiago Oreiro (4), Iker Martínez (1), Iago Rincón (4).

Resultado cada 5´: 1-0/1-4/2-8/3-10/4-17/5-19/Descanso/7-20/8-23/9-28/9-29/10-30/11-31/Final.

Colexiados: Cristina Oleros e Pablo Álvarez. Sen complicacións.

Incidencias: 1ª xornada da liga de División De Honra 2017/18 disputada no pavillón dos Remedios de Ourense ante un centenar de seareiros de ambos os conxuntos.

Fotos do encontro:

DSC_0036

DSC_0038

DSC_0039

DSC_0052

DSC_0054

DSC_0056

DSC_0057 (1)

DSC_0060 (3)

DSC_0069 (1)

DSC_0072 (1)

DSC_0075 (2)

DSC_0076 (1)

DSC_0077

Próximo partido

Xuvenil masculino20:00Liga Ouro · Liga regular · Grupo único · Xornada 8
EMBUTIDOS LALINENSE
HIERROS VARELA URBIETA XIRIA

Máis sobre isto