Dobre xornada con vitoria e derrota para o Laber Xiria

Dous puntos importantes do Laber Xiria a domicilio

O Laber Xiria disputou hoxe, no día do Pilar, un transcendental encontro na casa do BM. Chapela. O conxunto carballés estaba falto de puntos, xa que só conseguira unha vitoria nas catro xornadas de liga iniciais. O calendario, caprichoso neste comezo de competición, deparou aos xuvenís de Xiria uns duros enfrontamentos contra os equipos chamados a ocupar os postos altos da clasificación, por tanto, o enfrontamento de hoxe contra os redondeláns, facíase vital para non verse abocados aos postos máis baixos da liga.

O enfrontamento entre Chapeleiros e carballeses foi irregular, un mal partido duns e outros no que a evidente superioridade técnica dos segundos non se puxo de manifesto salvo en accións esporádicas. Os erros, que foron moitos e variados, caeron como unha laxa nas filas verdinegras, incapaces de impoñer unha diferenza cómoda no electrónico. O paupérrimo 10-11 que reflectía o marcador no tempo de descanso, definíase polo cúmulo de desacertos por parte dun e outro bando. Todo quedaba aberto para o segundo acto.

Comezaba o segundo tempo polos mesmos camiños que se moveu o primeiro. Catro perdas de balón consecutivas do Laber Xiria, posibilitaba que o seu rival collese vantaxe por primeira vez no encontro (14-12). A penas transcorreran cinco minutos e un parcial de 4-1 acendera todas as alarmas.

Con tantas idas e vindas que mostraba o encontro, os bergantiñáns respondían cun parcial de 1-3 e a igualdade era a nota predominante nos seguintes parciais de cinco minutos (15-15 e 16-16). A partir de aquí, os verdinegros rompen o partido cun 3-5 (18-21), vantaxe que xa non abandonarían e incrementarían para chegar a un final sen abafos e asinar a segunda vitoria da tempada.

O vindeiro sábado ás 12:15 no Vila De Noia, o Laber Xiria recibirá de novo a un dos equipos candidatos ao título. O Cisne Colexio Os Sauces de Pontevedra, será un rival dos máis complicados da liga e os carballeses deberán de facer un traballo sen fisuras se queren sacar algo positivo do devandito enfrontamento.

  1. Chapela: 21 (10+11). Brais Deiro (1), Benjamín González (3), Samuel Sarandeses (1), Roi González, Manuel Delgado, Juan Gómez, Javier Lamido, Jonathan Rodríguez, Alex Sánchez (15), Nicolás Correa, Pablo Romero (1), José López.

Laber Xiia: 26 (11+15). Samuel Castiñeiras (p), Diego Lema (p), Santiago Oreiro (1), Iago Rincón (1), Francisco Rey (4), Renzo Díaz, Andrés Vila (4), Roi Alfeirán (5), Daniel Trigo (1), Brais Vila, Andrés Urbieta (10), Manuel Sánchez.

Parciais 5´: 1-4/4-5/5-7/7-8/9-10/10-11/Descanso/14-12/15-15/16-16/18-21/20-22/21-26

Colexiados:       Roberto Trigo e José María García. Sen complicacións.

Incidencias: Encontro da 5ª xornada da División De Honra xuvenil disputado no municipal de Chapela ante un centenar de seareiros entre os cales, una veintena desprazaronse dende Carballo.

Bo partido do Laber Xiria a pesares da derrota

Laber Xiria 31 – Cisne Colexio Os Sauces 38 (13-19)

Difícil compromiso para o Laber Xiria coa visita do Cisne, pero non se arrugou o equipo, a pesar das baixas, a prolongada de Pedro Pereiro e a inoportuna de Fran Rey, o Xiria tomoulle o pulso ao encontro e por veces superou en xogo ao rival.

O maior potencial físico dos pontevedreses poríase de manifesto nos primeiros minutos do encontro, a pesares,o Xiria equilibraba a balanza con un fenomenal Andrés Vila en ataque, as súas accións e lanzamentos non podían ser atalladas polos rivais, e a intensidade nas accións defensivas dos seus compañeiros. Cerraba ben o Laber o centro da defensa, e tan so polos extremos e na contra marcaba o Cisne.

Tras o 13 a 19 da primeira metade, os locais atoparon maior fluidez no ataque, conseguindo goles con facilidade, Vila seguía marcando con facilidade o que obrigaba ao seu rival a intensificar a defensa para que as distancias no marcador non se apremaran e puxeran a vitoria en perigo. Boas impresións do Laber Xiria ante un rival que loitará polo título.

Laber Xiria 31 (13): Samuel Castiñeiras e Diego Lema (porteiros) Andrés Vila 16, Santi Oreiro 3, Renzo Díaz, Iago Rincón 1, Roi Alfeirán 1, Dani Trigo 1, Brais Vila 3, Andrés Urbieta 6, Manu Sánchez e Iker Martínez.

Cisne Colexio Os Sauces 38 (19): Marcos Blanco e Dani Fernández (porteiros) Roque Arias 4, David Sineiro 1, Daniel López 6, Dani Gonsalves 6, Bruno Vázquez 3, Ricardo González 1, Alberto Pazos 1, Diego García, Ivan Pérez, José Leiras 6, Bruno Neves 3 e Elias Paz 7.

Arbitraron: Alfredo Balado e Pablo Torreiro, sen complicacións