Dobre xornada para o Goldie Xiria, con vitoria e derrota

Dobre xornada para o Goldie Xiria, con vitoria e derrota

Campus Auria Ourense 15  Goldie Xiria 16 (8-9)

Na mañá do sábado o Goldie medíase en Ourense diante do Campus Auria, conseguindo gañar apuradamente logo dun encontro igualado, no que as carballesas fallaron moito de cara a portería contraria, encontrando na porteira rival, un muro infranqueable que fixo perigar os dous puntos. Por seis veces errouse nos lanzamentos dende os sete metros, varios contraataques e lanzamentos claros, o Goldie non era capaz de marcharse no marcador e xogou todas as súas bazas a manterse no partido cunha férrea defensa, que lle funcionou, conseguindo dobregar ao seu rival.

Campus Auria Ourense 15  (8): Patricia (porteira) Claudia 1, Uxía 5, María 4, Beatriz, Sheila, Laura, Sara 3, Eva e Xeila 2

 Goldie Xiria 16 (9): Leticia Casal (porteira), Jessica Posse 1, Raquel Gómez 1, Zeltia Landeira, Juana Garrochena 8, Sheila Ferreiro, Laura Carracedo 4, Ainoa Míguez, Alba Rodríguez, Natalia Solís, Marta Regueira 1 e Elena Segade 1.

Arbitraron: Lucas Crespo e Adrián Quintela, excluíron a Uxía e María polo Campus e a Jessica Posse polo Goldie Xiria.

______________________________________________________________________

Goldie Xiria 20 – Balonmán Porriño 30 (12-16)

O luns, o Goldie acollía a visita do líder, o Balonmán Porriño, a calidade das visitantes viuse contra restada polas gañas e o bo facer das xogadoras do Xiria, que en todo momento plantaron cara as porriñesas. O Goldie Xiria non parecía o mesmo equipo que dous días atrás en Ourense, con ideas no ataque, atopando e combinando pases entre a liñas das rivais, imprimindo maior verticalidade ao xogo, e máis acertadas cara a portería rival. Pola contra, apareceron esta vez, máis dúbidas en defensa, debido a calidade do xogo visitante e a unha man que lle votaron os árbitros ao longo do encontro, especialmente na segunda metade, algo que non precisaba o Balonmán Porriño para gañar en Carballo. Derrota previsible, pero melloría de cara a futuros e máis igualados compromisos.

Balonmán Porriño 30 (16): Paula e María (porteiras) Godoy 1, Lara 1, Sara, Uxía 2, Gemma 5,  Lucía 3, Nuria, Andrea 2, Norma 1, Cristina 6, Alicia 1 e Sandra 8.

 Goldie Xiria 20 (12): Leticia Casal (porteira), Jessica Posse 2, Raquel Gómez 2, Zeltia Landeira 2, Juana Garrochena 7, Sheila Ferreiro, Laura Carracedo 1, Ainoa Míguez, Alba Rodríguez, Tamara Pombo, Marta Regueira 5 e Elena Segade 1.

Arbitraron: Gabriel Folgoso e Pablo Barreiro, moi desafortunados, como exemplo, pitaron 9 sete metros a favor do Porriño e ningún a favor do Xiria, excluíron a Lara, Andrea e Alicia polo Porriño e a Jessica e Tamara polo Goldie Xiria.