Grupo Lemaco Xiria – 37 (19+18): Jose, Tasende, Fran (9), Antón (3), Vila (12), Miguel, Ronaldo (4), Andy (2), Mario, Roi (3), Renzo (1), Urbieta (1), Pedro (1), Pombo (2), Manuel e Samuel.
S.D. Teucro – 33 (15+18): Miguel, Escudero (4), Martín (4), Rafael (11), Anxo (6), Vidal, Diego (5), Tomás, Estévez (1), Lores, Sergio, Juan, Pedro (2), Mario, Codina e Marcos.
Marcador cada 5 minutos. 1º Tiempo: 5′(4-3), 10′(8-5), 15′(12-8), 20′(13-11), 25′(16-14), 30′(19-15), 2º Tiempo: 35′(21-17), 40′(23-21), 45′(26-26), 50′(30-30), 55′(32-30), 60′(37-33)
O Grupo Lemaco sumou dous novos puntos fronte a S.D. Teucro, nun sufrido encontro no que os ataques impuxéronse ás defensas, que non estiveron finas.
Os carballeses comezaron tomando unha pequena vantaxe no marcador de 3 e 4 goles, con boas accións en carreira de Fran, que aproveitaba moi ben as fixacións dos compañeiros. (Min 10. 8-5)
O equipo amosábase solvente en ataque, pero en defensa cometía erros nas marcaxes e nas axudas, que eran ben aproveitados polo Teucro para anotar e manterse no marcador. Sen embargo en ataque o equipo funcionaba ben e o Grupo Lemaco conseguía rematar o primeiro tempo gañando 19-15.
Na segunda parte foi máis do mesmo, o Teucro seguía a provocar dúbidas con desdobramentos e co pivote nas zonas exteriores, acadando lanzamentos cómodas ante a pasividade defensiva dos locais. Mediada a segunda metade varios erros consecutivos en ataque daban alas ao Teucro, que cuns extremos moi entoados colocaba o empate (Min 45. 26-26). O partido complicábase de repente pero os nosos porteiros, Mario e Samuel, apareceron no momento preciso atallando ata 9 lanzamentos dos teucristas na segunda metade, o que sen dúbida serviu para volver a tomar vantaxe e rematar vencendo de 4 goles.
Clasificación trala 7ª xornada:










