Doce partidos para Escolas Balonmán Xiria esta xornada

Xoga entre sábado e domingo doce partidos Escolas Balonmán Xiria nesta xornada, once deles en Carballo O primeiro equipo en entrar en liza será o Infantil Territorial do Marmolería José Rey Xiria, que repite como local nesta 2ª xornada, na que tentarán sumar outra vitoria que os manteña líderes do Grupo I. Enfronte terán ao Bm. Camariñas, que ven de perder co Pontedeume por 14 goles de diferenza. O encontro disputarase o Sábado 25 ás 10:00h no Pavillón Municipal Carballo Calero.
Tamén na xornada matinal de sábado comeza a liga de minibalonmán alevín e benxamín. Xogan os equipos de Xiria Ifecgas Pereira, Marmolería José Rey, LK, Punta del Este, Grupo Lemaco e OAK English Centre no Pavillón do CEIP Fogar, dende as 10:30 ate as 13:30, no que de seguro vai ser un dos espectáculos da fin de semana.
Xa pola tarde, ás seis, o Vila de Noia será escenario da sexta xornada da 1ª Estatal na que o Calvo Xiria enfróntase ao Bueu Atl coa arbitraxe de Pablo Castellanos García e Luis Vázquez de Prada Bravo do colexio castelán-leonés. Logo de sumar dous puntos no derbi provincial ante o OAR, o conxunto carballés pretende seguir ca intensidade no xogo que despregou nas dúas últimas xornadas. Defensa e contraataque deben de ser as súas máximas se pretende seguir na parte nobre da táboa clasificatoria, xa que se mide a un rival que a pesares de levar so dous puntos puxo en moitos apuros a todos os equipos cos que se mediu. O verdibrancos contarán ca mesma convocatoria da pasada xornada, a que se lle podería engadir Alberto Pereira se chega o permiso federativo a tempo.
O único equipo do Xiria que xoga lonxe da casa é o Goldie que se despraza o sábado a Pontevedra para enfrontarse no Pavillón Multiusos ao SD Teucro a partir das 6 da tarde. O equipo pontevedrés é un dos rivais directos que loitan por esas catro prazas que dan acceso a xogar polo ascenso, polo que o encontro cobra maior importancia pois decidirá moitas das opcións de ambos equipos nesta liga. Superar a defensa aberta que realiza o Teucro e non perder balóns no intento, será fundamental para que o Goldie permaneza na disputa do encontro, as boas sensacións en defensa deberán continuar neste encontro.
O equipo recupera a Marta, tras varias semanas e comporase da seguinte convocatoria: Brenda Noya e Aida Cangas (porteira) Juana Garrochena, Natalia Solís, Zeltia Landeira, Tamara Pombo, Jéssica Posse, Marta Regueira, Sara Pombo, Cristina Gende, María Gómez, Adriana Gómez, Patricia García e Raquel Gómez.
Infantís, cadetes e xuvenís de División de Honra pecharán o maratoniano fin de semana de balonmán, disputando seus encontros o domingo no pavillón Carballo Calero. Comezarán os infantís ás 10:00, a seguinte quenda será para do Grupo Lemaco cadete as 11:30 e a para rematar tomará o relevo o conxunto xuvenil, concretamente as 12:45. O rival dos de Carballo, o Teucro de Pontevedra, será un dos máis complicados co que se vai atopar os verdibrancos nesta tempada.
O Garaysa tentará retomar o bo xogo amosado no derradeiro partido en Carballo e sumar así outros dous puntos que lles axuden a subir da 8ª praza que actualmente ocupan. Os cadetes, que saíron derrotados a pasada fin de semana en Lalín, queren volver a senda da vitoria e facer un fortín da súa casa. Mentres os xuvenís, que sufriron a mesma sorte co Grupo Lemaco na pasada xornada, deben de estar o seu máximo nivel si queren derrotar ao Teucro, un dos aspirantes a alzarse co campionato. Os dous puntos, son de gran importancia para os de casa, que buscan seguir nos postos altos da táboa.