Dous de dous para o Goldie Xiria nunha boa fin de semana

Volvían enfrontarse o Goldie Xiria e o Asmubal Meaño para recuperar os 40 minutos de partido que quedaban por xogar debido á suspensión por condensación no seu día.
O choque renovábase cuns 7 metros para as de Meaño e o marcador reflectía 8 a 6 favorable ao Goldie Xiria, faltando 12 minutos para o descanso.
Empezábase da mellor maneira, xa que Nadia Vázquez detiña o lanzamento e o Goldie marcaría gol no ataque posicional (9-6).
Foron 12 minutos de xogo cun ritmo endiablado por parte das locais, que ao descanso conseguían irse 15 a 9 gañando.
Xa na segunda metade, as de Carballo seguían pola mesma liña, ben no 5:1 e en ataque a mobilidade de todas as xogadoras que atoparon a través de Mina Ribullén a maneira de perforar a portería rival.
A máxima diferenza de 23 a 14 levou á adestradora visitante a realizar unha defensa individual a todo o campo que obrigou ás do Goldie a esforzarse ata o asubío final (30 a 26).

 

Goldie Xiria 30 – Asmubal Meaño 26

Goldie Xiria: Nadia Vázquez (p), Sara Pose (p), Juana Garrochena (1), Aida Vizcaíno (6), Mina Ribullén (12), Alba Rodríguez (4), Jessica Posse (1), Eva Calvelo, Saray Couto, Támara Pombo (1), Elena Segade (3), Sheila Ferreiro (3), Raquel Gómez y Soraya Martínez.

Asmubal Meaño: Mónica Sineiro, Laura Miniño, Anabel Otero, Débora Garrido, Victoria Domínguez, Iria Padín, Sara Estévez, Andrea Cores, Vanesa Domínguez, Ariana Vázquez, Raquel Gondar, Laura Rivas, María Fresco.

Marcador cada 5 minutos: 1-0, 3-3, 8-6, 9-6, 13-8, 15-9, descanso, 17-13, 23-14, 24-16, 27-18, 29-23, 30-26.

Árbitros: Pablo Torreiro y Ángel Mateos do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á décimo quinta xornada da Primeira División Autonómica Feminina dispùtado no Pavillón Vila De Noia ante uns 150 espectadores.

 

Derbi provincial no balonmán feminino o dispuado este sábado en Carballo, entre o Goldie Xiria e o Encaixes Camariñas Conservas Boya.

Custoulles entrar no partido ao Goldie Xiria, cuns primeiros minutos de dúbidas, pero aos poucos, o traballo e esforzo do equipo ía consolidando o marcador cada vez máis favorable e que rompía definitivamente nos últimos 10 minutos de primeira parte cun parcial de 8 a 2, que permitiu ás do Goldie Xiria marcharse ao descanso 18 a 9, co encontro sentenciado; dada a superioridade física que se mostraba na pista.

Na segunda metade, a vantaxe foi a máis e a afección puido animar a todas as xogadoras, que dispuxeron de bos minutos de xogo. Podendo ver a progresión ascendente das menos habituais.

Goldie Xira 32 – Encaixes Camariñas Conservas Boya 19

Goldie Xiria: Nadia Vázquez (p), Sara Pose (p), Juana Garrochena (3), Aida Vizcaíno (3), Mina Ribullén (7), Alba Rodríguez (1), Jessica Posse (4), Eva Calvelo, Saray Couto (1), Támara Pombo (5), Elena Segade (7), Sheila Ferreiro (1), Raquel Gómez y Soraya Martínez.

Encaixes Camariñas Conservas Boya: Ángela Moreira (3), Paula Pérez (3), Ana Barreiro, Miriam Pensado, Cristina Blanco (1), Nérea López, María Oanes (4), Maimouna Thiam (5), Minia Calvo (5), Agueda Antelo (1), Marta Canosa, Andrea Rocha

Marcador cada 5 minutos: 2-1, 4-2, 8-4, 10-7, 13-7, 18-9, descanso, 20-11, 25-12, 27-13, 30-15, 32-19.

Árbitros: Andrés Tejo y Andrés Hermida do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á décimo oitava xornada da Primeira División Autonómica Feminina dispùtado no Pavillón Vila De Noia ante uns 150 espectadores.