O Garaysa Xiria non pode cun superior Culleredo

O pasado sábado enfrontábase o Garaysa Xiria contra o Bm Culleredo, líder en solitario da categoría. A pesares de saber que ía a ser un partido moi complicado o equipo local tiña o obxetivo de seguir a súa liña de traballo e ceñirse ao modelo de xoogo que veñen adestrando.

O comezo do partido foi esclarecedor, un moi superior Culleredo foi capaz de coller rentas dende os primeiros minutos. Os locais non eran capaces de frear a superioridade física dos de Culleredo e, no ataque, non se lle daba a movilidade necesaria ao balón, de maneira que non se atopaban espazos na forte defensa visitante. Co paso do tempo o nivel de xogo do Garaysa mellorou, sen embargo a diferencia seguía a ser moi grande. De este xeito chegamos ao descanso con 13-21 no marcador.

A volta dos descanso a tónica foi a mesma, neste caso a defensa carballesa sí que foi capaz de contactar cos xogadores do Culleredo, pero a superioridade física facía que conseguirán anotar a pesares dos contactos. No ataque tamen su produciu unha mellora, e a pesares de ter dificultade para superar a defensa adversaria non se cesou no intento de conquistar os espazos. Con todo a superioridade visitante estivo clara de comezo a fin e o resultado final reflexou o 21-41.

GARAYSA XIRIA 21 (13+8) Alejandro Vázquez (p), Mateo Pallas (p)- Nicolás García (2), Pedro Porteiro (1), Samuel Regueira (2), Ángel Viña (3), Samuel Veiga (4), Erik Vázquez (5), Pablo Veiga (2), Xurxo Fraga (2), Miguel Cambón.

 

BM CULLEREDO 41 (21+20) Iago Bescansa (5), Roi García (3), Iván Manzo, Marcelo  Gil (5), Diego Fraguela, Álvaro Dieguez, Senen Garea (3), Joel Rábade (2), Nuno Loxo (13), Pablo Fariña (8), Marco González, Marcos Regueiro (2).

o