O Garaysa Xiria acada a permanencia na División de Honra nun encontro de infarto contra o Bm. Tui

GARAYSA XIRIA – 33 (17+16): Julio, Diego Lema, Pedro Pereira (6), Mario Rincón (9), Iago Rincón (1), Manuel, Alex (9), Iker (2), Franco (1), Xurxo, Brian e Mario Cancela (5).

BM. TUI – 32 (14+18): Xavvier, Juan, Raúl, Carlos (3), Sergio, Ismael (3), Guillermo (2), Iván (10), Saúl, Pablo, Samuel (12) e Alex (2).

Os infantís de División de Honra do Xiria xogábanse esta fin de semana a permanencia na máxima categoría contra un rival directo, o Bm. Tui, que chegaba a Carballo empatado a puntos cos nosos.

Os locais comezaron moi ben o encontro, con moita soltura en ataque conseguían acadar boas situacións de lanzamento que daban as primeiras vantaxes para o Xiria. Sen embargo o Tui pronto atopou no seu pivote unha referencia en ataque, facendo moito dano con accións de pase e vai que impedían ao Garaysa despegar no marcador. Unha vez o Xiria conseguiu frear o xogo co pivote comezou a roubar balóns e a poder correr ao contragolpe, a mellor arma dos carballeses, que en poucos minutos conseguían colocarse 3 goles por riba (Min.20 15-12). O Tui víase superado pola presión defensiva do Xiria que non daba respiro aos atacantes rivais. O Xiria pasaba polo seu mellor momento de xogo e so algún erro de pase nas transicións impedían que a vantaxe ao descanso fora maior a prol do Garaysa.

Sen embargo na segunda metade o encontro deu un xiro de 180°. O Tui dáballe a volta ao partido en apenas 10 minutos, colocándose por riba no marcador (Min.35 22-23). Os nervios apoderábanse dos xogadores do Xiria que comezaron a xogar con demasiada presa e precipitación nas accións de ataque, tentando recuperar a vantaxe perdida con accións individuais. Faltaban menos de 10 minutos para rematar o encontro e o Xiria pasaba polo seu peor momento, pero non era día para deixar de loitar. O Garaysa sabía que para poder levarse o encontro tiña que retomar a intensidade defensiva do primeiro tempo, para poder roubar balóns e facer goles rápidos. E así foi, o Xiria conseguía en 8 minutos remontar 4 goles e colocaba de novo a igualada, cun Mario Rincón moi entoado e ao que non lle tremeu a man dende o extremo, a pesar do que estaba en xogo.

Un tempo morto a falta de 12 segundos e cun 32-32 no marcador poñía en bandexa a salvación para o Garaysa, Alex non faiou e a ledicia apoderábase dos xogadores e afeccionados, que vían como, con moito sufrimento, o equipo acadaba a permanencia no último suspiro.

Un ano máis o club Escolas Balonmán Xiria manterá aos tres equipos na liga galega de división de honra, un feito do que so dous equipos máis de toda Galicia poden presumir.

Clasificación trala xornada 22:

Clasificación

Fotos do encontro:

IMG_4805 IMG_4806 IMG_4807 IMG_4810 IMG_4811

IMG_4815