Fixo o mínimo esforzo posible o Calvo Xiria no derbi provincial que o enfrontou esta fin de semana ao Ártabro para acadar a vitoria nun partido no que tirou proveito da súa maior calidade, pensando máis nos próximos partidos que no que estaba a disputar. Con Manuel e Jorge no eido ofensivo, acadaron entre os dous a metade dos goles dos carballeses, e a actuación no segundo tempo de Martín Gómez na portería foi suficiente para manter a raia aos locais que loitaron ata o derradeiro intre por acadar algo positivo. Salientable tamén o debut de Cuco e Rubén nas filas carballesas, que de seguro axudarán, e moito, na loita polos obxectivos do equipo.
Preséntanselles aos verdibrancos agora tres partidos nos que se xoga moitas das súas opcións de seguir nos postos altos da táboa clasificatoria, toda vez que vai competir co primeiro, segundo e quinto clasificados nas vindeiras semanas. O apoio dos seus seareiros será imprescindible para afrontar este grande reto se desexa saír airoso do mesmo.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón de Novo Mesoiro ante preto de 100 seareiros, dos cales uns oitenta eran carballeses.. Marcador cada cinco minutos: 1-1, 3-5, 5-6, 6-8, 9-10, 12-14, descanso, 14-18, 15-21, 18-22, 19-25, 21-26.
Colexiados: Daniel Portela Fernández e Martín Rodríguez Mondelo do colexio galego. Excluíron a Pablo (26´) polo bando local e a e Brais (10´), Jorge (22´e 43´), Manuel (36´), Mario (37´), Rubén (54´) e Carlos A (55´). Sete metros: catro a prol do Ártabro e cinco a prol do Xiria .
BM ÁRTABRO NOVO MESOIRO 21 (12+9): Alejandro Canosa [p], Alberto Catoira (6), Alex Sotelo (2), Alejandro Seijo (1), Pablo Giraldez (1), Uxío Batán (6), Antón Rodríguez (2), A. M. Ferreira [p], Igor Dacosta, Celso Alonso (1), A. González, Iván Prieto, Duarte España (2).
CALVO XIRIA 26 (14+ 12): Martín Gómez [p], Sergio Facal (2), Brais Puñal (2), Martín Alfeirán (3),Javier Rodríguez, Manuel Méndez (6), Jorge Bouzas (7), Alejandro Calvete (1), Pablo Iglesias (4), Mario García de Seárez, Gonzalo Pombo, Julián López, Iván Campos, Rubén Anes, Carlos A. Lema (1).

