Grupo Lemaco Xiria: 28 (12+16). Antonio Mato, Roi Alfeirán, Antón Traba (2), Juan Carlos Rodríguez (7), Carlos Vilanova (10), Andy Rey (1), Andrés Vila (2)-equipo inicial-Mario Lema, Samuel Castiñeiras, Manuel Souto, Ronaldo Durán (1), Fran Rey (3), Manuel Sánchez, José Varela, Sergio Pombo (2), Daniel Esmorís.
OAR Coruña: 28 (10+18). Veiga, Anxo (3), Mario (5), Sergio (5), Darío (2), Sarasola (4), Rosende (8)-equipo inicial-Arenas, Capelán, Contreras, Marcos (1), Nicandro, Daniel, David, A.Suárez.
Resultados cada 5´: 4/1, 6/3,9/6, 10/9, 12/9, 12/10-Descanso-14/13, 16/15, 20/19, 23/22, 26/23, 28/28.
Árbitos: Elena Rivas e Carla Díz. Non influiron no resultado final. Excluiron con dous minutos a Fran Rey, Andrés Vila (2), Ronaldo Durán e Juan Carlos Rodríguez polos locais e a Rosende, Sarasola (2) e Marcos (2) polos visitantes.
Incidencias: Xornada número sete da División de Honra en categoría cadete e derbi da provincia da Coruña entre o Grupo Lemaco Xiria de Carballo e OAR da Coruña. Encontro disputado no Vila de Noia carballés ante a presenza de sesenta siareiros de ambos equipos.
O Grupo Lemaco Xiria, deixou escapar un punto nas postrimerías do derbi contra o OAR da Coruña. Os de Carballo, dominaron o partido dende o inicio, aínda que amosandose irregulares e con certas lagoas de xogo ao longo deste. Os locais, cederon un empate cando tiñan practicamente os dous puntos no peto e a punto estiveron de perdelos a falta de dez segundos para a conclusión nun final de infarto.
A retagarda dos verdibrancos, funcionaba de xeito irregular e alternaba grandes momentos con outros despistes importantes. Según esto, as vantaxes aumentaban ou disminuían, aínda que sempre cos bergantiñáns por diante que mandaban no descanso por un resultado de 12-10.
Os mellores instantes defensivos, chegaron pasado o meridiano da reanudación. Os da Coruña, non eran quen de superar a ferrea retagarda dos de Xiria e a diferencia aumentaba para os de casa ata os catro goles cando xa agonizaba o envite. Neses instantes finais, os visitantes, condenados a unha derrota case segura, optaron por premer moi arriba o seu rival, conseguindo o efecto desexado.
Nos últimos tres minutos, a presión dos do OAR forzaría a perda de catro balóns por parte do Grupo Lemaco e de xeito sorprendente, daríalles vantaxe no electrónico a falta de dez segundos para o final. Os xogadores de Carballo, estiveron rápidos e intelixentes para xogar unha derradeira acción, sacando de centro e dando un pase definitivo ao extremo dereito Carlos que culminaría en gol, conseguindo dese xeito o empate final.
O próximo fin de semana, o Grupo Lemaco Xiria viaxa a Pontevedra para enfrontarse a un dos mellores equipos da categoría, o Cisne.
Clasificación 7ª xornada: