Gran vitoria do Grupo Lemaco Fronte ao Luceros

Os cadetes do Xiria mostráronse moi superiores ao seu rival no día de hoxe e bateron con suficiencia a un dos mellores conxuntos da liga, como é o Luceros de Cangas. A maior diferenza, que chegou a situarse nos 11 goles, deu paso a uns minutos de relaxación que deixaron o marcador final en 33-26. O 2-2 que indicaba o electrónico no primeiros cinco minutos, foi un mero espellismo e a partir de aquí, os locais foron sempre por diante. O único problema que atopaban os carballeses na retagarda, era o axuste defensivo no lateral dereito, onde o 2×2 entre este xogador e o pivote, lograban unha e outra vez o obxectivo do gol. En contra partida, as defensaas positivas dos verdinegros convertíanse en rápidos contragolpes que perforaban a portaría dos de Cangas e deixaban unha renda inmellorable para os locais no tempo de descanso (19-12).

A segunda parte comezaba cun 3-0 de parcial e os bergantiñáns marchábanse definitivamente no marcador ao cinco minutos (22-12). Só a partir do 15, un 3-9 de parcial en 10 minutos, propiciaba que o Luceros achegásese ao cinco goles de diferenza (30-25), unha renda aínda moi grande para que os de Xiria temesen polo resultado final. De feito, os últimos instantes do partido foron de control local e o Grupo Lemaco consegue os dous puntos en xogo e continua imbatido despois das dúas primeiras xornadas desta competición. A semana que vén, os de Carballo xogarán de novo en casa e fronte ao Artabro da Coruña.

Grupo Lemaco Xiria: 33 (19+14). Antonio Mato, Andy Rey (4), Carlos Vilanova (11), Fran Rey (2), Ronaldo Durán (1), Andrés Vila (7), Juan Carlos Rodríguez -Equipo Inicial- Manuel Souto, Samuel Castiñeiras, José Varela, Roi Alfeirán (2), Juanca Rodríguez (5), Manuel Sánchez, Daniel Esmorís, Antón Traba (1).

Luceros: 26 (12+14). David, Mauro (6), Veloso (5), Javi (6), David (4), Marcos (1), Alberto (3)-Equipo Inicial-Iván (1), Piñeiro, Aaron, Diego, Eric, Alexander.

Parciais cada 5´: 3-1/6-2/7-4/10-7/14-10/17-12/Descanso/18-14/21-17/23-20/26-23/28-27/30-30/Final.
Árbitros: Pablo González e Gabriel Folgoso. Excluiron con dous minutos a Juanca Rodríguez, Roi Alfeirán (2), Ronaldo Durán (2), Andrés Vila (2) e Carlos Vilanova polos locais e a Veloso, Marcos e David polos visitantes.
Incidencias: Partido da segunda xornada de Copa en categoría cadete disputado no Carballo Calero ante a presenza de cincoenta afecionados dos dous equipos.

Fotos:

xiria 010

xiria 004

xiria 005

xiria 007

xiria 009