Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Dous puntos importantes para o Garaysa Xiria

O partido careceu de falta de intensidade defensiva por parte dos equipos. Coas defensas tan pasivas os ataques resolvíanse de maneira individual e acabou gañando o equipo que menos erros…

O partido careceu de falta de intensidade defensiva por parte dos equipos. Coas defensas tan pasivas os ataques resolvíanse de maneira individual e acabou gañando o equipo que menos erros cometeu.
Ao descanso chegaríase cunha vantaxe mínima para o Garaysa de 18-15 e foi ao comezo da segunda parte cando os locais sentenciaron o encontro chegando a ter unha diferenza de oito goles a falta de dez minutos, a cal, reduciríase a cinco ao final do partido grazas á presión visitante que non se rendeu en ningún momento e colleu moi despistado ao Garaysa.
Dous puntos importantes para os carballeses que a falta de 3 xornadas son segundos.

A próxima semana enfróntase ao Cisne en Pontevedra, que marcha terceiro a tan só dous puntos. Partido clave para a clasificación final.

Incidencias: Partido disputado non Pavillón Vila de Noia ante 100 seareiros. Colexiado: Angel Villar Currais do colexio galego. Sen complicacións. Castigou con exclusións a Diego Antelo (31´) por parte local, namentres polo Seis do Nadal foi sancionado Hugo García (20´). / 7 metros: Garaysa Xiria 0/2 // Seis do Nadal 1/3.
Marcador cada 5 minutos: 5-3, 7-7, 12-11, 15-13, 18-15, descanso, 19-17, 26-18, 28-20, 31-24, 34-29.

GARAYSA XIRIA 34 ( 20 + 28 ): Julio Ferreiro [p], Diego Lema [p], Mario Rincón (6), Daniel Mallo (5), Alejandro Gómez (7), Mario Cancela (3), Juan Pereira (3), Diego Antelo (1), Iago Rincón (4), Adrián Mesejo, Iker Martínez (2), Carlos Varela, Fernando Mallo (3).

SEIS DO NADAL 29 ( 15 + 14 ): Gael Miguez, Iago González, Rodrigo López (4), Mario Oterino (3), Hugo García (5), Pablo Muíña (3), Dario Pérez (2), Iago López (3), Iñaki Da Cunha (5), David Álvarez (2), Asier Cerqueira (2).

Garaysa-Seis do Nadal Garaysa-Seis do Nadal2