Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

O Grupo Lemaco puxo contras as cordas ao líder nun gran encontro que rematou sen premio

Agardábase un gran encontro e non defraudou. O Grupo Lemaco Xiria e o Paleo Trainning Seis do Nadal enfrontáronse este Domingo no Pavillón Vila de Noia, nun duelo de máxima…

Agardábase un gran encontro e non defraudou. O Grupo Lemaco Xiria e o Paleo Trainning Seis do Nadal enfrontáronse este Domingo no Pavillón Vila de Noia, nun duelo de máxima igualdade e gran dureza no que se puido sentir a importancia dos puntos en xogo dende o asubío inicial.

Os carballeses xogaron un primeiro tempo para enmarcar, cunha defensa 5-1 con moita mobilidade que conseguía acumular sempre un home máis en zona de balón. Os goles do Seis do Nadal chegaban cada vez de xeito máis illado, ao tempo que a defensa local gañaba en profundidade. Co paso dos minutos o encontro foi caendo a favor do Xiria que aproveitaba moi ben a 3ª oleada para perforar a portería do Sedona que estaba totalmente fora do partido. Pese a cometer varios erros en lanzamentos claros que puideron supoñer unha vantaxe maior, o Grupo Lemaco chegaba ao descanso 5 goles arriba (16-11).

Na segunda metade os vigueses cambiaron o sistema ofensivo, atacando con dous pivotes para crear dúbidas nas saídas e favorecer o lanzamento exterior. O Xiria tardaría en reaccionar e o Sedona aproveitaba varios erros consecutivos dos locais para colocar un parcial de 3-9 nos primeiros 10 minutos, dándolle así a a volta ao marcador. Agora eran os visitantes os que levaban a batuta no xogo, pero os locais tiraban de garra e xenio cando fallaban as ideas e non deixaban que o líder se escapase no marcador (24-25 Min.50).

Os de Carballo chegaban á recta final do encontro metidos no partido, pero o Seis do Nadal definiría mellor neses minutos finais e conseguía levarse o encontro (28-30). A afección do Xiria, que estivo animando ao seu equipo dende o comezo, dedicou unha gran ovación aos rapaces do Grupo Lemaco ao remate do encontro polo gran traballo feito.

Na vindeira xornada o Grupo Lemaco Xiria visita ao 2º clasificado, o Bm. Cisne, co obxectivo de manter a liña ascendente que o equipo ven amosando nestes últimos meses. Sen esquecer ademais, que se o Octavio non gaña en Lalín, unha vitoria mantería as opcións de clasificación para a Fase Final.

GRUPO LEMACO XIRIA – 28 (16+12): Jose, Pablo, Tasende (3), Fran (2), Antón (3), Vila (9), Miguel, Ronaldo (2), Andy (6), Mario, Roi (2), Urbieta, Pedro (1), Manuel, Pombo e Samuel.

PALEO TRAINNING SEIS DO NADAL – 30 (11+19): Doval, Antonio, Yago (3), Marcos (2), Samuel, Isaac, Leiras (7), Rubén I., Gayo (9), Alonso (6), Antón, Rubén F. (3), Víctor I. e Xurxo.

Marcador cada 5 minutos: (3-3), (4-4), (7-5), (11-7), (13-9), (16-11) // (18-16), (19-20), (21-22), (24-25), (25-28) e (28-30)

Clasificación trala 19ª xornada:

Clasificación

Galería de fotos do encontro: