Nova vitoria do Mamolería José Rey Xiria
Disputábase a 4ª xornada da Cópa Deputación infantil masculina e o Marmolería José Rey Xiria recibía a visita do Lucus Parrillada Abel. Os carballases están relializando un bo papel nesta…

Disputábase a 4ª xornada da Cópa Deputación infantil masculina e o Marmolería José Rey Xiria recibía a visita do Lucus Parrillada Abel. Os carballases están relializando un bo papel nesta competición e por agora contan os seus partidos por vitorias.
O partido disputouse o sábado pola mañá e o Marmolería empezaba o encontro con algún descoido defensivo que permitía lanzamentos cómodos aos visitantes. Non foi até o minuto dez que conseguiron axustar a defensa e os poucos espazos que deixaban encargábanse os porteiros de solucionalos con boas intervencións. Con isto os locais distanciáronse para chegar ao descanso con 19-5.
Na continuación, a tónica defensiva sería a mesma e en ataque todos achegaban o seu graniño de area chegando ao final do partido cun avultado 32-11 que permite ao Marmolería seguir encabezando a clasificación.
A próxima xornada descansará, polo que o seguinte encontro será na primeira fin de semana de marzo fronte o Colexio Alca en Santiago.
Incidencias: Partido disputado no pavillón Carballo Calero ante 100 seareiros. Colexiado: José Pereira Rodríguez e Juana Garrochena González do colexio galego. Sen complicacións.
MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA 32 ( 19 + 13 ): Daniel Regueiro [p], Pedro Pena [p], Manuel Varela, Aaron Rodríguez (6), Carlos Varela (2), Fernando Mallo (4), Pablo Esmorís (4), Antonio Calvelo (6), Diego Rodríguez (8), Paulo Collazo (2), Javier Rodríguez.
LUCUS PARRILLADA ABEL 11 ( 6 + 5 ): Pedro Mera (2), David Castro, Sereno Fernández, Baldomero Martínez (2), Sergio Rodríguez, Jorge Rodríguez (2), Samuel Vázquez (1), Edgard Bares, Gorka Viña (2), Dario Rego, Daniel Suárez (2).




