Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Dous puntos nunha xélida xornada

O Calvo Xiria iniciou o partido coma o ambiente no Municipal de Carballal, xélido. Nada que ver cas súas intencións de tratar de saír ca máxima concentración e intensidade. Tal…

O Calvo Xiria iniciou o partido coma o ambiente no Municipal de Carballal, xélido. Nada que ver cas súas intencións de tratar de saír ca máxima concentración e intensidade. Tal foi así que os locais levaron a voz cantante durante o primeiro cuarto de hora, tirando proveito dos, no día de hoxe, innumerables erros do ataque posicional carballés. Perdas de balón en accións individuais que impedían a velocidade no xogo colectivo e falta de tino na definición, deron aos vigueses a iniciativa no marcador. Mais sabedores do que se xogan en cada envite os verdinegros acabaron por entrar no mesmo. Quince minutos –os derradeiros cinco do primeiro tempo e os primeiros dez do segundo- nos que amosaron unha elevada intensidade defensiva que lles permitiu correr contraataques, foron os que cambiaron o signo do encontro, levando deste xeito os puntos para Carballo.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal de Carballal con preto de 150 seareiros nas bancadas. Colexiados: Tomás Fernández Merino e Omar Fagúndez Pérez do colexio castelán-leonés, sen complicacións. Castigaron con exclusión polo Granitos Ibéricos a Ismael Lago (5´), Xabier Puentes (26´), Diego Mouriño (44´) namentres polo Calvo Xiria foron sancionados Sergio Facal (10´), Martín Alfeirán (18´), Manuel Méndez (28´), Gonzalo Pombo (59´). 7 metros: Granitos Ibéricos 3//4 Calvo Xiria 3//3. Marcador cada 5 minutos: 1-1, 4-3, 6-6, 7-8, 9-10, 9-13, descanso, 10-16, 11-19, 13-20, 16-24, 17-25, 18-29.
GRANITOS IBÉRICOS 18 (9+9): David López [p], José Ballesteros [p], Jorge Castro (1), Ismael Lago (5), Pablo Sánchez, Joaquín Rodríguez (1), Pablo Pérez, Roi Fernández, Daniel Román (2), Pablo Correa (1), Borja Romero, Xabier Puentes (1), Abel Carreira (5), Pablo García, Antonio Mariño, Diego Mouriño (2).
CALVO XIRIA 29 (13+16): Martín Gómez [p], Iago Gómez [p], Alejandro Naya, [p], Alejandro Calvete (1), Brais Puñal (2), Manuel Méndez (2), Sergio Facal, Uxío Batán, Martín Alfeirán (7), Gonzalo Pombo (6), Ramón Suárez–Pumariega, Jorge Bouzas (8), Javier Rodríguez (2), Mario García de Seárez (1).