Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

O Laber Xiria presenta a súa candidatura cunha vitoria na pista do lider

Aínda que é certo que con tan só dous encontros para rematar a liga regular, parece improbable que o BM.Bueu non consiga o punto que o faría campión galego de…

Aínda que é certo que con tan só dous encontros para rematar a liga regular, parece improbable que o BM.Bueu non consiga o punto que o faría campión galego de forma matemática, non o é menos que o Laber Xiria chega nun estado de forma inmellorable a final de tempada e que a súa vitoria en casa do lider, presenta unha candidatura evidente cara ao play-off que previsiblemente terán que disputar os de Carballo.

O encontro de Bueu foi deses que deixan pegada nos xogadores, nos técnicos e no público presente. Un partido deses que si gañas gózalos e si perdes……..tamén. Os amantes do balonmán puideron disfrutar dun espectáculo vibrante, con dous conxuntos excelentes, exhibindo as súas mellores galas nunha noite que se tornou especialmente escura para os de casa.

O comezo do envite facía presaxiar todo o contrario, o 3-0 de saída, cun equipo levado polo aire polos seus seareiros e o porteiro local levantando un muro diante da súa portaría, nun estado de graza inusual, debuxaban un panorama nada optimista para os de Xiria. Pola contra, os verdinegros saían ao parquet sobreexcitados e isto provocaba a primeira exclusión aos 26 segundos do inicio, ademáis doutras imprecisións, tanto en ataque como en defensa. dez minutos tardaron as augas en volver á súa canle (4-4) e agora, cos corazóns máis pausados e as cabezas máis entonadas, o Bueu dominaba no táctico e o Laber Xiria seguíalle o ronsel, mesturando momentos de bo balonmán con outros de ardente decoro. Si os de casa saían en tromba e marcaban un 3-0 de parcial no inicio, volvían facer o propio ao fío do descanso e retirábanse ao vestiario dominando ao seu rival por un 15-12 esperanzador para os seus intereses.

Foi na segunda parte cando o Laber Xiria despregou toda a súa intensidade e a súa máxia, cando os seus xogadores raiaron o sobresaiente e cando se puxeron os cimentos para lograr unha traballada vitoria ante o equipo máis regular da competición. O 5-1 zonal que agora protagonizaba Iván Calvo na esquerda do ataque rival, supuxo un punto de inflexión non encontro e co achegue dos seus compañeiros e o excelente labor en portaría de Antonio Mato, iniciaban a senda que lles levaría á vitoria final. No minuto 10 da continuación e con 18-18 no marcador, o meta carballés baixaría a persiana e levantando toda clase de exclamacións de admiración nas bancadas, sumaría até seis acciones consecutivas de éxito que referendadas polos seus compañeiros na portaría contraria, daban unha vantaxe importante aos bergantiñáns (18-24). Os locais tentárono desde entón por todos os medios e cunha e mesmo dúas mixtas, conseguían achegarse no marcador e inquietar ao seu rival. Esporeados polo seu público e demostrando unha gran dose de competitividade, orgullo e calidade balonmanística, o equipo de Bueu se entragaba á causa, pero en fronte hoxe estaba un Laber Xiria moi confiado nas súas posibilidades que ao cabo levaría os dous puntos en xogo, demostrando como xogar estes últimos instantes, impoñendose o seu rival e a presión ambiental.

O vindeiro sábado, no Vila De Noia, o Laber Xiria terá a primeira oportunidade para conseguir o punto que lle falta para clasificarse como segundo, posto que dá dereito a organizar o Play-off que dá acceso ao campionato de España, como local. O encontro dará comezo ás 16:00h e terá como rival ao BM.Artabro, no que será o cuarto e último derbi da tempada.

Bueu ATL: 27 (15+12). Brais (3), De La Torre, David (8), José, J.Manuel (7), Carlos, Pedro, Abel(4), Javi, Iván (5), Manuel, Rubén, Angel, Eloy, Adrián.

Laber Xiria: 30 (12+18). Antonio Mato (p), Andrés Vila (3), Gabriel Castiñeiras (4), Juanka (15), José Pereira (2), Borja Rodríguez (3), Iván Calvo (1)-Equipo Inicial- Manuel Souto (p), Francisco Rey, Alex Figueroa, Roi Alfeirán, Kevin Santos, Dani Esmorís, Ronaldo Durán (2).

Marcador cada 5´: 3-0/4-4/7-5/9-8/12-11/15-12-Descanso-16-15/18-18/18-23/21-26/23-27/27-30-Final.

Colegiados: Rodrigo Costas e Jesús Pedrido. Excluiron con dous minutos a José Pereira e Juanka (2), descalificando por tres exclusións a Iván Calvo por parte dos visitantes.

Incidencias: Partido correspondente a antepenúltima xornada de liga da División De Honra en categoría xuvenil disputado no Pavillón Municipal Pablo Herbello ante douscentos seareiros de ambos conxuntos.

Fotos:

DSC_0607

DSC_0609

DSC_0611

DSC_0613

DSC_0615

DSC_0616

DSC_0619

DSC_0621

DSC_0622

DSC_0623

DSC_0625

DSC_0626

DSC_0631

DSC_0635

DSC_0636

DSC_0637

DSC_0638

DSC_0640

DSC_0641

DSC_0644

DSC_0651