Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Previa da xornada

Difíciles desprazamentos para Xiria

Dez xornadas para seguir a traballar coma o pasado sábado ten ante si Calvo Xiria se quere estar presente na fase de ascenso a División Honra Prata. Granitos Ibéricos será…

Dez xornadas para seguir a traballar coma o pasado sábado ten ante si Calvo Xiria se quere estar presente na fase de ascenso a División Honra Prata. Granitos Ibéricos será o primeiro rival, un equipo con bo xogo colectivo tanto ofensivo coma defensivo que xa fixo sufrir aos carballeses na primeira volta para levarse os puntos. Será o sábado ás 18:00 no Municipal de Carballal cando se entre no definitivo terzo de liga. Necesitan os verdinegros saltar á pista con moita concentración para comunicarse de xeito efectivo en defensa e dar velocidade ao contraataque e impor o ritmo necesario ao partido, sen descoidar a finalización dende os seis metros.
Difícil compromiso para as xogadoras do Goldie Xiria que este sábado visitan a pista do líder invicto, Balonmán Porriño. Logo do bo partido da semana pasada diante do Campus Ourense, espérase que o Goldie poida plantar cara ao seu rival e siga mantendo un alto nivel de xogo. Perderanse o encontro Tamara por traballo e Zeltia como a semana pasada por lesión, a espera da evolución tanto de Marta, mancada no derradeiro encontro, coma da porteira Brenda.
Este próximo Sábado, o Laber Xiria desprázase a Bueu para enfrontarse ao líder da DH xuvenil masculina as 20:30h. Primeiro e segundo clasificado, prometen espectáculo e balonmán do bo no Pavillón Pablo Herbello co obxectivo de imporse ao seu rival nun dos mellores encontros da categoría. En xogo, o campionato galego e o segundo posto, que dá acceso a xogar o play-off por conseguir unha praza para o campionato de España como local.
E o domingo xogan no CGTD de Pontevedra os equipos infantil e cadete da DH, enfrontándose ao Cisne Bm. Grupo Lemaco ás 10:30 fronte ao 2º clasificado, no encontro máis complicado dos que lle quedan aos carballeses. O equipo conta con todos os seus efectivos para esta cita, na que asemella que o bo traballo defensivo será clave para frear ao equipo máis goleador do campionato. Ás 12:00 o Garaysa Xiria tentará acadar os puntos definitivos para xogar a fase polos postos no Campionato Estatal, será un difícil encontro contra un rival directo que marcha a dous puntos dos carballeses.. O Garaysa deberá contrarrestar a mobilidade do ataque local, para iso, será moi importante a comunicación e a coordinación defensiva e deberán manter a concentración ao longo de todo o partido para evitar excesivas perdas de balón e descoidos innecesarios.
Haberá minibalonmán este sábado, os alevíns do Lk Xiria, Xiria Telepizza Carballo e as rapazas do Punta del Este Xiria xogan no pavillón santiagués de Quiroga Palacios namentres os benxamíns dividen en dúas sedes a súa competición, o Laber Xiria xogará en Camariñas e Grupo Lemaco Xiria e Oak English Centre Xiria viaxarán a Santiago, tamén ao Quiroga Palacios.
E rematará as actividades do fin de semana cunha nova xornada de FUN SPORT 2016, o domingo no pavillón do CEIP Fogar de 11:00 a 12:30. Lembrade que é gratuíto e poden participar tod@s @s nen@s de 1º a 5º de Primaria.

Máis sobre isto