Dous puntos para iniciar a segunda volta da liga
Sabía o Calvo Xiria que non era o Bm. Cañiza un rival para xogar escatimando esforzos, mais aínda así e todo intentouno. Os quince primeiros minutos foron dominados polos visitantes…

Sabía o Calvo Xiria que non era o Bm. Cañiza un rival para xogar escatimando esforzos, mais aínda así e todo intentouno. Os quince primeiros minutos foron dominados polos visitantes que superaban a unha estática defensa local sen demasiados atrancos. Dous contraataques verdinegros seguidos facían que se pechara o primeiro cuarto de partido con empate a sete goles e un escenario moi aberto no encontro, ca dúbida de que faría o Xiria, seguir a racanear ou por unha velocidade máis no seu xogo. Os seguintes quince minutos viuse a un conxunto con máis concentración e determinación, pero non foi até o paso polos vestiarios cando os xogadores carballeses incrementaron o ritmo, facendo xa moi costa arriba para o seu rival seguir a súa estela. Con esa cadencia e con moitas rotacións de xogadores chegouse ao asubío final, no que o marcador sinalou un contundente 34-18. Lamentar a lesión de Jacobo Coello, que se tivo que retirar mancado nun xeonllo, da que agardamos se recupera prontamente.
Incidencias: Partido disputado no Municipal Vila de Noia con 400 seareiros nas bancadas. Colexiadas: Soraya Abelenda Martínez e Ana Correa Araújo do colexio galego sen complicacións. Castigaron con exclusión a Ramón Suárez-Pumariega (23´, 39´) por parte local, namentres polo Bm Cañiza foron sancionados Abraham Alonso (6´), Rafael Fernández (18´, 50´). 7 metros: Calvo Xiria 4//5 Saeplast Bm. Cañiza 3//4. Marcador cada 5 minutos: 2-3, 5-4, 7-7, 11-8, 13-8, 15-10, descanso, 18-11, 22-13, 26-14, 28-16, 31-17, 34-18.
CALVO XIRIA 34 (15+19): Martín Gómez [p], Iago Gómez [p], Alejandro Naya, [p], Alejandro Calvete (2), Brais Puñal (3), Manuel Méndez (3), Sergio Facal (3), Uxío Batán (3), Martín Alfeirán (4), Gonzalo Pombo (7), Mario García de Seárez, Ramón Suárez –Pumariega (3), Jorge Bouzas (3), Julián López, Carlos Vilanova (1), Javier Rodríguez (2).
SAEPLAST BM. CAÑIZA 18 (10+8): Marcos Carrera [p], Rubén Fernández [p], Rubén Teijeira [p], Jacobo Coello (1), Rafael Fernández (2), Daniel Mendes (1), Pablo León (5), Marcos Estévez, Adrián Lomba (1), Manuel Alonso, Xacob Novoa (2), Iván Miguélez, Pablo Álvarez (2), Abraham Alonso (4), Diego Álvarez, Sergio Oliveira.