Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Vitoria do Marmolería José Rey no inicio da Copa

Traballada vitoria ante o Bm Narón do Marmolería José Rey Xiria no inicio da Copa Delegación. A suma de todos os xogadores para o colectivo foi clave para o resultado…

Traballada vitoria ante o Bm Narón do Marmolería José Rey Xiria no inicio da Copa Delegación. A suma de todos os xogadores para o colectivo foi clave para o resultado acadado de 16-29. Logo duns minutos de erros tanto en ataque coma en defensa os xogadores carballeses centráronse e deron por unha parte moita continuidade ao ataque, con desdobramentos moi atinados e efectivos, e por outra minimizaron a diferenza física e antropométrica con algún dos xogadores locais a base de axudas defensivas. Ca portería rendendo a un moi bo nivel as contras non se fixeron esperar para levar o marcador a un claro 7-14 ao tempo de lecer. No segundo acto non houbo cambios e armas do Xiria foron as mesmas que lle tiñan dado un bo rédito nos primeiros vinte cinco minutos.

Incidencias: partido disputado no Pavillón Municipal da Gándara ante preto de 100 seareiros. Colexiado Alberto Picallo do colexio galego, sen complicacións.

BM NARÓN 16 (7+9): Sergio Fernández, Daniel Caldevilla, Hugo Lombao, Pauolo Dopico, Daniel Monteagudo, Sergio Garrocho, Matías Mariella, Martín Ferreño, Ivan Vilaboy.

MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA 29 (14+15): Daniel Regueiro, Pedro Pena, Manuel Varela, Diego Rodríguez, Pablo Esmorís, Antonio Calvelo, Fernando Mallo, Paulo Collzao, Javier Rodríguez, Aaron Rodríguez, Alejandro Santos.