Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

O excelente nivel defensivo, leva ao Laber Xiria á vitoria

O excelente nivel da defensa carballesa no día de hoxe, fixo posible unha vitoria plácida e contundente nunha das pistas complicadas da categoría, chegando a minimizar o ataque da SAR.…

O excelente nivel da defensa carballesa no día de hoxe, fixo posible unha vitoria plácida e contundente nunha das pistas complicadas da categoría, chegando a minimizar o ataque da SAR. A pasada semana, o Laber Xiria demostraba a forza coa que volvera á competición despois do parón do Nadal e no día de hoxe referendaba este bo momento de forma. Os verdinegros romperon o partido na segunda parte, pero a SAR non o puxo nada fácil no primeiro tempo e os visitantes tiveron que facer uns trinta minutos moi completos para retirarse ao vestiario cunha vantaxe cómoda, aínda que non definitiva (7-13).

A continuación servíu para que os de Xiria rompesen o envite en apenas quince minutos (9-20), pechando filas contorna á súa portaría e disfrutando de forma individual do alto nivel defensivo mostrado. Os locais, un bo conxunto e con xogadores de nivel no seu cadro de persoal, víanse superados este Sábado por un contrario en estado de graza.

O resultado cobra especial importancia grazas ao empate do Teucro (perseguidor do Laber Xiria) en Porriño e á espera do que fagan Luceros e Bueu, os dous primeiros clasificados que se enfrontan na pista de O Gatañal.

A semana que vén, Carballo poderá gozar dun novo derbi entre o Laber Xiria e o OAR da Coruña, outra cita vital para os xogadores bergantiñáns que non queren ceder no empeño por conseguir praza para o campionato de España.

SAR Dacuña Pérez: 13 (7+6). Nantes (4), Pablo, Lago (6), Bouzón, Soutullo (2), Vidal (1), Táboas, Amoedo, Sanromán, Lores, Piedras, Baati, Costas, Sergio, David, Santamarta.

Laber Xiria: 30 (13+17). Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (7), Gabriel Castiñeiras (3), Juanka (10), José Pereira (4), Borja Rodríguez (3),Iván Calvo (1)**-Equipo Inicial-**Manuel Souto (p), Francisco Rey, Alex Figueroa, Andrés Vila, Kevin Santos (1),Diego Morandeira, Daniel Esmorís (1), Roi Alfeirán, Ronaldo Durán.

Parciais cada 5´: 2-1/3-5/3-7/4-8/6-9/7-13**-Descanso-**8-14/9-16/9-20/9-24/12-28/13-30-Final.

Colexiados: Angel Villar e Andrés Hermida. Excluiron con dous minutos a Nantes, Pablo e Táboas polos locais e a Juanka (3) polos visitantes.

Incidencias: Encontro da xornada nº15 na liga de División de Honra xuvenil disputado no novo pavillón de Redondela ante un centenar de seareiros de ambos conxuntos.