Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Dous puntos para o Calvo Xiria logo do parón da 1ª Estatal

Chegaba o Calvo Xiria á 14ª xornada de liga de 1ª Estatal logo do parón de Nadal con dúbidas de coma se manexaría ante as baixas de Cuco e Pablo.…

Chegaba o Calvo Xiria á 14ª xornada de liga de 1ª Estatal logo do parón de Nadal con dúbidas de coma se manexaría ante as baixas de Cuco e Pablo. E os primeiros minutos non despexaron o panorama co que se presentaron os carballeses en Porriño. O noveno clasificado era capaz de ter anotado sete goles nos primeiros quince minutos e o electrónico reflectía empate a goles. Non daba boas sensacións o Xiria con demasiadas presas e con pouco empaque tanto en defensa coma en ataque. Mais no momento no que puxo tranquilidade no seu xogo, buscando opcións ofensivas sinxelas e confiando na súa defensa o partido mudou completamente de aspecto. Tanto foi así que nos seguintes quince minutos os locais so asinaron 2 goles por 7 dos visitantes. Con moita máis concentración e co ritmo de xogo necesario a segunda parte foi moito máis sinxela para os carballeses, que foron ampliando a diferenza no electrónico até o final do partido.
A vindeira fin de semana pecharase a primeira volta da liga ca visita ao Vila de Noia do Lavadores de Vigo.
Incidencias: Partido disputado no Municipal de Porriño con 200 seareiros nas bancadas. Colexiados: Santiago Piñeira Fombona e Javier Quesada Gutiérrez do colexio asturiano, sen complicacións. Castigaron con exclusión a Xurxo Ojea (13´), Sebastián Álvarez (21´) e Iván Fernandes (55´e cartón vermello 55´) por parte local, namentres polo Calvo Xiria foron sancionados Jorge Bouzas (10´, 38´), Ramón Suárez-Pumariega (18´), Brais Puñal (25´), Sergio Facal (30, 44´), Manuel Méndez (49´). 7 metros: Bm. Porriño Galserco 1//1, Calvo Xiria 7//8. Marcador cada 5 minutos: 1-1, 5-3, 7-7, 8-9, 8-11, 9-14, descanso, 10-16, 11-17, 13-19, 14-21, 17-24, 17-28.

BM. PORRIÑO GALSERCO 17 (9+8): Samuel Diéguez [p], Miguel Guedes [p], Francisco Camiño (2), Mario Alonso (2), José Elexpuru, Manuel Seijo (2), Samuel Pereiro (3), Iván Fernandes (1), Xurxo Ojea (2), Adrián Rodríguez, Aaron Seoane (1), Hugo Candán (1), Jorge Estévez (1), Sebastián Álvarez (2), Sergio Pereira.
CALVO XIRIA 28 (14+14): Martín Gómez [p], Iago Gómez [p], Alejandro Naya, [p], Alejandro Calvete, Brais Puñal (3), Manuel Méndez (3), Sergio Facal (5), Uxío Batán (2), Martín Alfeirán (6), Gonzalo Pombo (6), Mario García de Seárez, Ramón Suárez –Pumariega (1), Jorge Bouzas (2), Julián López.