Cinco xogadores de E.BM.Xiria ao campionato de España de seleccións autonómicas

Cinco xogadores de E.BM.Xiria estarán presentes no campionato de España de seleccións autonómicas que se celebrará en Almería nos próximos días. O club de Carballo terá representación nas tres categorías masculinas, tal e como vén sendo habitual dende hai anos: infantil, cadete e xuvenil. Alejandro Gómez en infantís, Andrés Vila en cadetes e Antonio Mato, Carlos Vilanova e Iván Calvo en xuvenís, serán os xogadores carballeses encargados de representar a Galicia na cita deste ano. A todos eles desexámoslles dende o noso club a mellor das sortes, esperando que todos poidan gozar desta bonita experiencia. Desexar tamén que aqueles que acaban de saír dunha lesión, como é o caso de Andrés ou que están en proceso de recuperación, como Iván, teñan sorte e poidan cumprir as súas expectativas sen máis problemas físicos.

As seleccións galegas partirán o día 1 de xaneiro en dirección a Almería. O campionato de España disputarase entre os días 3 e 8 de xaneiro nas localidades de Almería, Vícar, Roquetas e El Ejido.

A competición comezará o día 3 e os xogadores de Xiria terán o seguinte calendario:
Infantil masculino (Alejandro Gómez): O equipo galego, con Pablo Blanco coma adestrador,  conforma o grupo A xunto a Andalucía, Canarias e Euskadi. Galicia debutará no torneo fronte á anfitrioa, Andalucía (11:15 horas).
infantil masc
Cadete masculino (Andrés Vila): O equipo galego enfrontarase a Andalucía, Aragón e Cataluña no grupo B. O primeiro partido será contra Andalucía o día 3 (13:00 horas).  O adestrador cadete masculino é Sergio Carballeira.
cadete masc
Xuvenil masculino (Antonio Mato, Carlos Vilanova e Iván Calvo): Galicia forma parte do Grupo B xunto a Cataluña, Andalucía e Asturias. O primeiro partido será contra Cataluña o día 3 (13:00 horas). Adestrador: Ismael Martínez.
xuvenil masc