Logo de dous partidos de moitísima intensidade na súa defensa baixou as revolucións o Calvo Xiria esta fin de semana, encaixando 34 goles, mais quedaron os puntos en Carballo debido á maior calidade individual dos seus xogadores.
Unha mágoa que non seguise o conxunto carballés co estilo de xogo que viña desenvolvendo, baseado nas axudas defensivas e na anticipación, xa que desta volta veuse un equipo pasivo e con pouca chispa, agás nos primeiros cinco minutos nos que colleu unha renda favorable de tres goles ca que xogou todo o partido. Sentiuse o Calvo Xiria superior pero non o plasmou no parqué ante un Bueu Atl. que tirou proveito das súas armas para impedir que a diferenza medrase máis aló dos seis goles. No que si mandaron os verdibrancos foi no ritmo de partido, xogando rápido como lles gusta, mais sen facer un xogo colectivo ofensivo acorde co que nos teñen afeitos os locais. No lado positivo hai que salientar que todos os xogadores, a título individual, sumaron para poder acadar os dous puntos, que outorgan ao Calvo Xiria o cuarto posto provisional.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Vila de Noia ante preto de 300 seareiros. Marcador cada cinco minutos: 4-1, 10-7, 11-8, 15-12, 17-15, 21-16, descanso, 25-20, 27-22, 29-25, 32-27, 35-29, 37-34.
Colexiados: Pablo Castellanos García e Luis Vázquez de Prada Bravo do colexio catelán – leonés. Excluíron a Ramón (9´e 37´) e Brais (10´e 16´) polo bando local e a David (9´, 35´e 54´) e David (28´) por parte visitante. Sete metros: dous a prol do Xiria e cinco a prol do Bueu.
CALVO XIRIA 37 (21 + 16): Alejandro Naya [p], Sergio Facal (6), Ramón Suárez-Pumariega (5), Martín Alfeirán (2), Brais Puñal, Manuel Méndez (5), Jorge Bouzas (2), Martín Gómez [p], Alejandro Calvete (2), Pablo Iglesias (5), Mario García de Seárez (1), Gonzalo Pombo, Julián López (2), Iván Campos(4), Javier Rodríguez (3).
SERVI-AUTO BUEU AT. 34 (16+18): Yeray Simes [p], Eloy Villaneva (4), Anxo Vidal (3), Pablo Quintáns (8), Alberto Garrido (3), David Iglesias (7), José M. Quintela (7), Sergio Piñeiro [p], Mauro Bacelar, David Iglesias, Simón Cerviño, Ramón Curra (1), Manuel Piñeiro, Brais López, Alejandro Piedras.