Un desacertado Goldie cae derrotado diante do Teucro

S.D. Teucro – Goldie Xiria 20 – 15 (8-9)

S.D. Teucro: Tania (porteira) Senra 5, Paula, Angela 1, Daniela 7, Alejandra 2, Marta, Anais 4, Elena, Alba 1 e Patricia

Goldie Xiria: Brenda Noya e Aida Cangas (porteiras) Juana Garrochena 4 , Natalia Solís, Tamara Pombo , Jessica Posse 4, Sara Pombo 3, Cristina Gende, María Gómez 1, Raquel Gómez, Adriana Gómez 2, Zeltia Landeira 1, Marta Regueira, Patricia García

10421491_321319688052679_5642918592631513798_n

Marcador cada 5 min:   /2-2/   /3-4/   /3-5/ /6-6/   /8-8/   /8-9/ /11-10/   /14-11/   / 15-12/   /17-14/   /19-14/   /20-15/

Arbitraron: Inocencio Pérez e Andrés Tejo, moi caseiros prexudicaron claramente ao Xiria, excluíron a Senra, Angela, Daniela, Alejandra e Tania polo Teucro e a Marta (2), Sara, Raquel (2), Natalia, Tamara e Juana polo Goldie Xiria.

50 espectadores no Pavillón Multiusos da Xunqueira, Pontevedra.

Xogábase o Goldie Xiria diante do Teucro parte das súas aspiracións de loitar por entrar no grupo polo ascenso, ese feito foi o que quizás atenazou o brazo das xogadoras carballesas que se viron superadas pola presión do encontro e non encontraron solucións no ataque, os lanzamentos eran complicados, mal elixidos e as opción de vitoria ianse diluíndo a medida que pasaba o encontro.

Comezou o Goldie con certa superioridade diante do seu rival pontevedrés, pero non foi quen de aproveitar as ocasións para desmarcarse e conque rir certa ventaxa no descanso, un apertado 8 a 9 era pouco froito as innumerables ocasións desperdiciadas.

Pero aínda a cousa iría a peor na reanudación, onde o Xiria non vía a forma de materializar os seus ataques diante da porteira local, perdoaba ata nos claros contraataques e a presión ía en aumento conforme pasaban os minutos. Para máis dificultade, apareceron os árbitros que xa dende inicio castigaron moito máis as carballesas, para desquicialas completamente nos derradeiros intentos de igualar o partido.

Duro golpe para a moral do Goldie Xiria, que deberá buscar solucións para vindeiros compromisos.

O sábado, día 1, o equipo volverá a xogar fora, será en Porriño as 8 da tarde.