Dous puntos para o Goldie na súa visita a Coia

Xornada 6 da segunda autonómica feminina, e o Goldie Xiria viaxaba ata Vigo, nun día impropio de finais de outubro; pasando os 30 graos; enfrontábase ao sempre complicado Seis do Nadal. A vitoria decantábase ao lado das carballesas grazas ao esforzo colectivo e ao traballo defensivo.
Ao comezo do partido, as xogadoras do Goldie Xiria, marcaban un parcial de 0 a 3; deixando ás claras a súa intención de facerse cos puntos en xogo. Así; durante a primeira parte, era capaz o Goldie de manterse regular e constante, traballando moito en defensa e aumentando a diferenza, ata chegar ao descanso 6 a 13.
Todo parecía encamiñado cara os dous puntos, coas carballesas dominadoras do encontro ata ese momento; pero á volta de vestiarios; as locais, a través de Ainoha Francisco, poñerían en serios apuros ao Goldie; pasando o marcador a 11 a 14.
Moi atrancadas en ataque, e pasivas na parcela defensiva; neses momentos as guerreiras Goldie; refrescaban ideas cun tempo morto; e se enchufaban de novo ao encontro. A falta de 10 minutos para o final, cunha diferenza de 4 goles; as de Vigo; seguían empuxando e agora tentábano cunha dobre mixta sobre Jessica e Zeltia. Pero dous goles de Alba Rodríguez; que con espazos móvese como peixe na auga, tiraban co empurrón local. Ao final 20 a 26; recompensa merecida ao esforzo de todas as xogadoras; que cubriron a ausencia por lesión de Juana Garrochena.
A única mala noticia; foi a lesión de Raquel Gómez a falta de 5 minutos, que teremos que esperar para ver como evoluciona os próximos 15 días.
Incidencias: Partido disputado no pavillón de Coia, Vigo; ante un centear de seareiros. Colexiado: Andrés Tezo Vila. Castigou con exclusión a Alba Martínez, Patricia Álvarez e María Guimarey por parte local; namentres que polo Goldie Xiria; foron excluídas, Támara Pombo, Sheila Ferreiro e Raquel Gómez.
A seguinte semana, o Goldie Xiria recibe a visita en Carballo do A.D. Carballal; favorito ao título. De conseguir a vitoria; as de Carballo engancharíanse ao tren de cabeza en está úlitma xornada da primeira volta. O partido disputarase o sábado ás 16:00 no pavillón Vila De Noia.