O Hierros Varela Urbieta supera ao Lucus nunha espléndida segunda metade
Balonmán Lucus 14 – Hierros Varela Urbieta Xiria 16 Tiña unha difícil saída o Hierros Varela Urbieta, acudía a Lugo para enfrontarse cun invicto Balonmán Lucus, que so cedera un…

Balonmán Lucus 14 – Hierros Varela Urbieta Xiria 16
Tiña unha difícil saída o Hierros Varela Urbieta, acudía a Lugo para enfrontarse cun invicto Balonmán Lucus, que so cedera un empate ata o de agora.
Comezaba o encontro con dous equipos con dúbidas e con falta de ideas en ataque, a vez os porteiros pechaban cada quen a súa portería, o Xiria custáballe anotar incluso de sete metros ou contraataque, o resultado do descanso falaba por si so, 6 a 3 para os de Lugo.
Pero cambio notorio na segunda metade, a maior intensidade defensiva do Xiria, punteando o ataque do rival e precipitando as accións, transformábase en roubos de balón, que esta vez si que souberon xogar o carballeses, dándolle a volta ao marcador e impoñéndose ao rival, foi medindo as súas opcións perfectamente o Hierros Varela Urbieta ata o asubío final onde se fixo con dous importantes puntos para a clasificación da Liga.
Mencionar que na dirección do conxunto do Balonmán Lucus, está Queco Vilariño, carballés que militou dende os inicios no Xiria e que agora compaxina este equipo co Sénior masculino onde fai as labores de adestrador-xogador.
Balonmán Lucus 14 (6): Alejandro Muñoz e Daniel Luar (porteiros) Brais García, Sergio Rodríguez, Pedro Mera 2, Lucas González 2, Adrián Veiga 2, José López 1, Iago Núñez 1, David Castro, Jorge Atanes, José Castro, Pedro López 1, Carlos Suárez 2 e Aaron Prado 3.
Hierros Varela Urbieta Xiria 16 (3): Julio Ferreiro e Pedro Pena (porteiro) Diego Rodríguez 3, Carlos Varela 2, Javi Rodríguez, Manuel Rama, Fernando Mallo 4, Xurxo Díaz, Pablo Esmorís 2, Aaron Rodríguez 2, Franco Rial e Toni Calvelo 3.
Arbitrou: Sergio Ríos, sen complicacións














