Goldie Xiria 21 – Coreti Lalín 13 (12-5)
Unha boa defensa o longo do encontro e as intervencións de Leticia na portería, fixeron un camiño máis doado para que o Goldie dobregase ao Lalín.
Dominou o Xiria dende o inicio adiantándose nos primeiros 10 minutos cun saldo favorable de 5 a 1, estaba a funcionar a defensa especialmente nas axudas e en ataque amosábase con maior continuidade, pero o Lalín subiu a intensidade defensiva, atascando ao ataque do Goldie, a entrada de Laura Carracedo dáballe solucións en ataque ao equipo para irse ao descanso con diferencia de 7 goles.
No reinicio da segunda metade, as defensas volveron a impoñerse ao desacerto no lanzamento de ambos equipos, o Xiria foi ampliando a vantaxe para chegar a un cómodo final de partido con ese 23 a 11.
Goldie Xiria 21: Leticia Casal (porteira) Natalia Solís 3, Jessica Posse 4, Sheila Ferreiro, Alba Pombo, Zeltia Landeira 1, Juana Garrochena 5, Ainoa Míguez, Raquel Gómez 2, Elena Segade 3 e Laura Carracedo 3.
Coreti Lalín 13 : Cristina (porteira), Tamara 2, Rosana 3, Elvira, Noelia, Belén 6, Uxía, Pereira, Andrea 2, Sheila e Marta.
Arbitraron: Víctor Frade e José Pérez, excluiron Belén e a Elviara polo Lalín
Na vindeira semana o Goldie Xiria terá dobre xornada, enfrontándose o sábado ao Auria Ourense e o domingo ao Balonmán Porriño