O Calvo Xiria líder en solitario
Sabías que…? Dende a tempada 2012/2013 até a actual, dos 31 xogadores que disputaron minutos co Calvo Xiria, so un deles non foi formado nas categorías base de Escolas Balonmán…

Sabías que…? Dende a tempada 2012/2013 até a actual, dos 31 xogadores que disputaron minutos co Calvo Xiria, so un deles non foi formado nas categorías base de Escolas Balonmán Xiria.
Venceu o Calvo Xiria ao Acanor At. Novás no duelo de invictos da Primeira Estatal, nun dos campos máis complicados da categoría a nivel nacional, o Pavillón do Rosal. Partido dos que gusta ver, e por suposto, xogar. Gran ambiente na grada e dous equipos entregados absolutamente co gallo de levarse a vitoria, con máis peso no moral que no clasificatorio dado o momento da tempada na que estamos. Traballo en defensa e ataque, non dando unha posesión por perdida, nin concedendo unha mínima vantaxe ao seu rival.
Sabían os carballeses que precisaban facer un moi bo xogo e manter a concentración durante os sesenta minutos, e abofé que cumpriron co guión que tiñan marcado para o encontro. Moitísima entrega en defensa, con axudas e desdobramentos continuos impedindo que os lanzadores locais puideran facer goles, e mobilidade no ataque para provocar dúbidas na zaga local. Falar de quen destacou máis sería inxusto, un gran traballo de equipo cas lóxicas achegas individuais foi o que despregou o Calvo Xiria no Rosal. Houbo erros, mais con cada xogador desenvolvendo o seu papel dun xeito preciso e constante fixéronse os carballeses cos dous puntos, que teñen un sabor especial logo de varias tempadas sen puntuar ante os rosaleiros.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal do Rosal cunha moi boa entrada con 450 seareiros, entre os que se deixou notar un pequeno grupo de carballeses que non deixaron de animar aos seus. Colexiados: Sergio Francisco Gallardo Cabello e Francisco José Gallardo Cabello do colexio andaluz, sen complicacións. Castigaron con exclusión a Miguel Trigo (11´), Carlos Rodríguez (31´e 34´), David Lechuga (39´) por parte local, namentres polo Calvo Xiria foron sancionados Martín Alfeirán (13´), Carlos Lema (52´), Ramón Suárez-Pumariega (56´). 7 metros: Acanor At. Novás 0//3 Calvo Xiria 6//6.
Marcador cada 5 minutos: 1-1, 4-4, 5-5, 6-6, 9-7, 10-11, descanso, 12-15, 14-18, 16-19, 18-21, 21-23, 23-27.
ACANOR AT. NOVÁS 23 (10+13): Kevin García [p], David Álvarez [p], Roberto Rodríguez (5), Noé Treinta, César Armán (1), David Lechuga (1), Iago Flores (4), Jorge Pousa, Sergey Tsybanev, Víctor Armán, Carlos Rodríguez, Alexander Tsybanev (3), Robertio Sio (2), Miguel Trigo (7), Manuel Martínez.
CALVO XIRIA 27 (11+16): Martín Gómez [p], Iago Gómez [p], Carlos A. Lema (1), Javier Rodríguez, Brais Puñal (1), Manuel Méndez (1), Pablo Iglesias (9), Sergio Facal (5), Julián López, Carlos Vilanova (1), Uxío Batán (1), Iván Calvo, Ramón Suárez-Pumariega (2), Martín A lfeirán (6).


