Partido entre líderes para o Calvo Xiria
Partido entre os dous primeiros clasificados, invictos ambos, este sábado no Rosal a partires das 19:00. Os locais parten ca vantaxe de xogar no seu feudo, un pavillón que mete…

Partido entre os dous primeiros clasificados, invictos ambos, este sábado no Rosal a partires das 19:00. Os locais parten ca vantaxe de xogar no seu feudo, un pavillón que mete moita presión ao rival e apoia aos seus de xeito incansable. Moito, e moi ben, terá que traballar o Calvo Xiria para levarse os puntos ante un equipo feito para ascender. O obxectivo para os carballeses é minimizar as perdas de balón para evitar as contras rosaleiras e amosar moita firmeza na parcela defensiva.
O sábado o Goldie Xiria recibe ao Coreti Lalin, será a partir das 8 da tarde no Pavillón Vila de Noia. Pendentes da evolución de varias xogadoras de cara ao encontro, serán baixas Marta Regueira e Tamara Pombo por traballo e as lesionadas Brenda Noya, Laura Carracedo e Patricia García, o que sen dúbida minorará o potencial do equipo e fará que as presentes teñan que redobrar esforzo ante un Lalín que sempre lle presenta complicacións as carballesas.
E o domingo no Vila de Noia duelo por todo o alto entres Escolas Balonmán Xiria e Octavio de Vigo. Ás 10:00 o Grupo Lemaco Xiria terá a oportunidade de seguir a crecer no seu xogo e anotarse dous novos puntos, pero será ante colíder da categoría, defender e correr o contraataque será moi necesario para que os carballeses saian airosos deste envite. O Garaysa Xiria que vai segundo na división de honra infantil, espera manter o bo xogo mostrado durante a segunda parte do partido da semana pasada, ás 11:30 será a súa quenda. E coma ben sendo habitual, ás 12:45, o equipo xuvenil do Laber Xiria pechará a xornada, o fará comezando un mes de duros encontros, o primeiro contra o Academia Octavio. Os olívicos, que tan só perderon un partido no que vai de competición, sitúanse a dous puntos dos carballeses cun encontro menos. Máxima esixencia polo tanto para os de Xiria, que queren facer do Vila de Noia o seu fortín co obxectivo de seguir nas prazas de privilexio até final da tempada.
Os infantís do Marmolería José Rey Xiria reciben a visita do P.Ronda Arteixo Balonman, na que será a segunda xornada da 2ª división infantil masculina. Os carballeses esperan que o partido lles sirva para seguir crecendo e ir collendo e ritmo necesario para competir.
O partido disputarase o sábado 24 ás 12:00, no pavillón Vila de Noia, en Carballo.
