Dous puntos para O Grupo Lemaco na visita a O Grove
BM. Rasoeiro 26 – Grupo Lemaco Xiria 33 (13-18) Non llo puxo fácil o Rasoeiro ao Grupo Lemaco, ata que os xogadores carballeses souberon levar o partido a onde lles…

BM. Rasoeiro 26 – Grupo Lemaco Xiria 33 (13-18)
Non llo puxo fácil o Rasoeiro ao Grupo Lemaco, ata que os xogadores carballeses souberon levar o partido a onde lles interesaba e onde se mostran máis forte e cómodos.
Primeiros 20 minutos de igualdade onde o Rasoeiro non cedía, o lanzamento exterior e a combinación co pivotes mantíñano no encontro. O Xiria tardou en axustar a defensa e sobre todo en asfixiar as ideas do rival cunha defensa de maior anticipación que dou froito a varias contras que poñían o marcador con 5 goles de vantaxe no descanso.
Na segunda metade o Rasoeiro optou por unha mixta a Mario Cancela, que tan so tardou un par de ataques en resolver o Grupo Lemaco, a partir de ahí e coa comodidade no marcador o Xiria disputou a derradeira parte do partido con comodidade para conseguir facerse coa vitoria.
BM. Rasoeiro 26 (13): Antón Garrido (porteiro) Javi Garrido 8, David Rey 7, Martín Padín 4, Adrián Rey 1, Pablo Villanueva, Eloy Fraga 5, Francisco Domínguez 1, Alberto Soutullo e Víctor Iglesias
Grupo Lemaco Xiria 33 (18): Pedro Pena (porteiro) Carlos Varela 3, Mario Cancela 12, Aaron Rodríguez 5, Julián García 1, Javi Rodríguez, Dani Mallo 7, Pablo Esmorís, Toni Calvelo 1, Fer Mallo 3, Martín Fuentes 1 e Alex Puñal.
Arbitrou Alejandro Gómez, sen complicacións


