Acadou a vitoria o Calvo Xiria no partido ante o Bm. Pontevedra disputado este domingo en Pontevedra. Dous puntos que lle permiten seguir na carreira polo ansiado segundo posto, na que están inmersos cinco equipos. O partido comezou ben para os intereses carballeses, que entre a fluidez en ataque que xeraba moi boas situacións de lanzamento e unha defensa que se impoñía ao ataque pontevedrés obtiña unha vantaxe no marcador de catro goles. Pero unha troco no sistema defensivo local rompeu o ritmo ofensivo do Xiria, e viu coma o seu rival foi quen de se por enriba aproveitando catro minutos de superioridade numérica. Mais o paso polo vestiario serviu para ordenar as ideas e cun parcial de 1 – 9 o Calvo Xiria rompeu o partido e tivo uns quince minutos finais cómodos, permitíndose baixar o seu ritmo, o que aproveitou o Vitaldent para maquillar o marcador.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal de Pontevedra ante uns cen seareiros. Marcador cada cinco minutos: 2-2, 4-6, 5-8, 7-8, 11-10, 13-13 descanso, 14-15, 14-19, 15-22, 19-25, 22-27, 26-29. Colexiados: Mario Menchen Pérez e Pedro Villar LLanes do colexio andaluz. Excluíron por parte local a: Alejandro Pombo (18´), Javier Suárez (25´), Santiago Calvo (37´) e Jaime Iglesias (50´) mentres que polos visitantes: Gonzalo Pombo (19´), Martín Alfeirán (21´), Brais Puñal (28´), Sergio Facal (46´ e 50´).
VITALDENT BM. PONTEVEDRA 26 (13+13): Santiago Picallo [p], Ángel Noya [p], Víctor Ansias (2), Francisco Domato (2), Fernando Rey, Santiago Calvo (6), Alejandro Pombo (5), Javier Suárez, Alberto Santiago (7), Iago Rodríguez (1), Jaime Iglesias (1), Gonzalo García (2).
CALVO XIRIA 29 (13 + 16): Alejandro Naya [p], Martín Gómez [p], José L. Fraga [p], Carlos A. Lema (2), Javier Rodríguez, Martín Alfeirán (3), Brais Puñal, Manuel Méndez (3), Jorge Bouzas (7), Alejandro Calvete (2), Pablo Iglesias (6), Sergio Facal (2), Gonzalo Pombo (4), Julián López, Mario García de Seárez.