Vitoria do Ifecgas Pereira Xiria

Liceo – Ifecgas Pereira Xiria: 3 – 5 (4 – 3 / 5 – 5 / 4 – 5 / 4 – 5).

Chegaba o cadro carballés ao partido de balonmán 7 que se disputou na mañá do sábado no pavillón do Liceo cas baixas de Mario Cancela (convocado co equipo infantil) e Juan Pereira (baixa por enfermidade), e con catro benxamíns na convocatoria. Despois de deixar de lado os nervios que atenzaron durante o primeiro cuarto aos novos xogadores verdibrancos,e apoiándose nun gran traballo colectivo defensivo, a mellor mobilidade sen balón no ataque permitiu que a vitoria caese do lado carballés. Noraboa a todos os xogadores e moitas grazas aos seareir@s despraza@s até Coruña polo seus folgos.

Ifecgas Pereira Xiria: Pedro Pena, Fernando Mallo (5), Andrés García, Álvaro Vila, Nicolás García, Mateo Pallas, Antonio Calvelo (2), Jairo Rodríguez, Javier Rodríguez (5), Juanma Fajardo (6), Samuel Veiga.