Dura derrota do Goldie Xiria en Vigo

O Goldie Xiria, recibíu unha dura derrota na súa visita a Vigo onte Sábado. As carballesas, que xogaran unha esperanzadora 1ª parte fai sete días contra o BM.Porriño, deixando sensacións positivas de face ao futuro, tivo unha tarde aciaga no barrio de Lavadores e caeu con contundencia e sen paliativos ante un rival que se mostrou moi superior en todo momento. As bergantiñás, que se mostraron faltas de disciplina atacante, abusaron en exceso das accións individuais, facilitando o labor defensivo do seu rival. Os múltiples erros e os balóns perdidos, foron a sentenza do conxunto de Carballo, que chegou a estar vinte e cinco minutos sen perforar a portaría olívica. Ambos os equipos mostráronse moi espesos nos inicios, como mostra o 1-1 que reflectía o marcador no minuto 10 ou o 5-2 do 20. O partido era aburrido, falto de precisión e con moitos erros acumulados, pero ás locais chegoulles con esperar o seu momento e valerse das perdidas visitantes ante a súa profundidade defensiva. Tan só con iso, era suficiente para que o BM.Lavadores chegase ao descanso cunha vantaxe de 11-5, diferenza que parecía insalvable ante a espesura  das de Xiria no día de onte.

A segunda parte resúmese de forma sinxela co 13-0 de saída que encaixaron as mozas do Goldie, sen máis historia que a suma de erros aproveitados polo seu rival para engrosar a súa conta particular ao contraataque.

A próxima semana, o Goldie Xiria recibirá ao Teucro de Pontevedra, co obxectivo de volver á senda positiva de hai dúas semanas, naquela primeira parte contra o BM.Porriño.

BM Lavadores: 30 (11+19). María Pérez, Mª Rodríguez, Vanille (4), Jennifer (3), Nerea (4), Laura (5), Mª Jesús (4), Estefanía (2), Carmen (3), Sheila, Ana (3), Mª Isabel, Eva (2), Vilas, Leticia, Domínguez.

Goldie Xiria: 9 (5+4). Brenda, Andrea, Uxía, Nuria, Saray, Diana, Alba, Sheila, Natalia (1), Jessica, Raquel (1), Juana (4), Adriana, Sara, Tamara (3).

Parciais cada 5´: 1-1/ 1-1 / 3-1 / 5-2 / 9-4 / 11-5 -Descanso- 15-5 / 16-5 / 18-5 / 24-5 / 27-6 / 30-9 -Final.

Arbitros: Andrés Hermida e José A. Rodríguez. Sen complicacións.

Incidencias: Encontro da terceira xornada (liga 2016/17) en 1ª Autonómica feminina, disputado no Pavillón de Lavadores ante un centenar de siareiros.

Clasificación:

3a-jornada

 

Fotos do encontro:

img_20161015_170254

img_20161015_170324

img_20161015_170518

img_20161015_170537

img_20161015_170753