O Grupo Lemaco Xiria cae contra o Balonmán Lalín

Clínica Deza Lalín 35   –  Grupo Lemaco Xiria 28  (20-12)

Os fallos defensivos e a falta de intensidade na primeira metade, lastraron a un Xiria que dou outra imaxe na segunda metade.

Saíu a competir o encontro o equipo carballés moi encollido, véndose superado pola superioridade física do rival que xogaba con comodidade os seus ataques ante a pasividade do Grupo Lemaco, que non chegaba a contactar cos seus primeiras liñas, permitindo lanzamentos cómodos. A vez, en ataque a defensa do Lalín estaba mellor asentada ante un Xiria que a pesar de circular ben a bola, era falto en contundencia e acerto nas accións diante do porteiro rival.

As  cousas cambiaron na segunda metade, pero os 8 goles de vantaxe do Lalín ían ser moi difícil de remontar, pese a elo, o Grupo Lemaco amosou outra intensidade defensiva, saíndo a chocar cos seus opoñentes e axustando os espazos da súa defensa. No ataque os carballeses amosáronse máis incisivos cara a portería contraria, con maior desprazamento de balón, o Xiria ía achegándose a falla de 10 minutos, a defensa lalinense cedía cando o Xiria xogaba con dous xogadores na liña de seis metros, pero faltoulle ao equipo cerrar moito máis a defensa, pois o Lalín seguía a marcar e facía imposible a remontada.

Cun 35 a 28 final rematábase o encontro, cun Xiria que comezou a crer na segunda metade cando as cousas xa estaban moi difíciles. Outra lección para o Grupo Lemaco, que deberá saír a pista con maior intensidade e non pode regalar partidos desta maneira.

Clínica Deza Lalín 35   : Couso e Carro (porteiros), Lago 4, González 13, Sierra 10, Iglesias, Otero 4, Peña 1, López 1, Gil 1 e Conde 1

Grupo Lemaco Xiria 27  : Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros), Pedro Pereira 4, , Iker Martínez 1, Alex Gómez 15, Adrián Mesejo 1, Andrés Urbieta 3, Xurxo Díaz,  Renzo Díaz , Brais Vila 3, Franco Rial 1 e Diego Rodríguez,

Arbitrarou: José María García, ben, sen complicacións. Excluíu a Lago, González e Iglesias polo Lalín e a Brais e Pedro Pereira polo Grupo Lemaco

dsc_0724

dsc_0725

dsc_0729

dsc_0728

dsc_0727