Duro revés para o Laber Xiria no último suspiro

O Laber Xiria, sufríu no día de onte un duro revés en Carballo ao ser superado no último partido do campionato e no último suspiro do encontro polo Teucro de Pontevedra. A clasificación chegaba moi apertada á xornada definitiva e catro equipos loitaban con posibilidades de conseguir as dúas prazas que quedaban en xogo para disputar a fase final da competición, a que dará un posto máis de acceso ao campionato de España. O conxunto bergantiñán partía con moitas opcións, xa que, aínda que se enfrontaba a un bo rival que tamén se xogaba a posibilidade de entrar nesa fase, facíao como local, diante do seu público e con dous resultados que lle outorgarían o obxectivo, a vitoria e o empate. Das 21 xornadas disputadas ate este momento, o Laber Xiria nunca baixara da terceira praza, cinco xornadas liderando a táboa clasificatoria, catro como segundo e doce como terceiro, parecían avalar a este equipo fronte aos seus rivais, que se moveron nos postos medios da clasificación durante toda a tempada. De calquera forma, a irregularidade que os carballeses presentaron nalgún encontro do principio da segunda volta, acabou sendo definitorio e pasando unha durísima factura a un conxunto que debería de estar clasificado algunha xornada antes do remate final. As lesións nestes momentos craves da tempada, acabaron por sumar desgrazas a un cadro de persoal xa de por se curto e no peor momento do ano. Desta guisa afrontábase o último e definitivo encontro, un partido onde os mozos do Laber Xiria tampouco entraron coa intensidade e o caracter competitivo que merecía o choque. O Teucro tomaba a iniciativa no marcador desde os primeiros instantes e mantíñase sempre por diante, superando unha e outra vez a feble retagarda carballesa. Cun perigoso 13-16, chegábase ao tempo de descanso, era evidente que algo debería de cambiar o conxunto local se desexaba remontar. Entraba en xogo o segundo acto e o cambio defensivo dos verdinegros, daba os seus primeiros froitos. A retagarda do Laber, moito máis profunda e activa agora, forzaba os erros do rival e en tan só cinco minutos, se volteaba o marcador cun 6-1 de parcial (19-16).  O partido entraba nun vórtice de tolemia, os locais perdían a dous xogadores por exclusión de 2´e quedaban con catro en pista. Nos seguintes cinco minutos, o Teucro aproveitábase da situación e conseguía igualar de novo o encontro (20-20). Quedaban vinte minutos por diante de auténtica tensión, de loita entre un e outro conxunto. O Laber Xiria deixábase a alma e conseguía empatar a falta de cinco minutos. Tivo na súa man o partido nun par de lanzamentos desde os seis metros que seguro cambiase o resultado final, pero o balón, que por centímetros non quixo entrar, foi menos caprichoso na portería bergantiñá. Dúas paradas consecutivas de Antonio podían dar unha última posibilidade aos de Xiria, pero mesmo aquí, a sorte decidíu ser esquiva e rexéitelos fóronse pola liña de banda. O encontro terminaba e o Xiria víase fóra da fase final do campionato e nun sexto posto que non visitara en toda a tempada.

Laber Xiria: 25 (13+12). Antonio Mato (p), Samuel Castiñeiras (p). Juan Carlos Rodríguez (10), Andrés Vila (7), Roi Alfeirán (4), Ronaldo Durán, Francisco Rey, José Varela, Santi Oreiro (1), Andy Rey (2), Manuel Sánchez. Pedro Pereira, Alejandro Gómez, Andrés Urbieta (1).

SD. Teucro: 26 (16+10). Miguel Acuña, Manuel Escudero, Martín Suárez (2), A.R. Rafael De Sousa, Pedro Sánchez (2), Luis Araujo (3), Alejandro Gómez (10), R. Pacheco Steinunnarson (p), S. Lorenzo Varela (8), Renier Schipper, Juan Estévez, Gonzalo Domínguez, Eduardo Ameijeiras, Anxo Alonso, Mario Chan (1), Pedro Schipper.

Colexiados: Alberto Rodríguez, Angel Mateos. Sen complicacións.

Incidencias: Último encontro da liga de División de Honra na categoría xuvenil, disputado no Vila De Noia ante un centenar de seareiros de ambos conxuntos.

Fotos Do Encontro:

 

DSC_0131

DSC_0134

DSC_0135

DSC_0139

DSC_0140

DSC_0144

DSC_0146

DSC_0147

DSC_0149

DSC_0151

DSC_0152

DSC_0153

DSC_0156

DSC_0162