GRUPO LEMACO XIRIA: 37 – ACADEMIA OCTAVIO “PIZZA MOVIL”: 28

CADETE DIVISIÓN DE HONRA

Grupo Lemaco Xiria: 37 (15+22) Antonio, Carlos (6), Gabriel(7), José (4), Alex(1), Iván (8), Borja (2) – Equipo inicial – Souto, Xurxo (2), Andrés (1), Alberto, Dani, Juanca (6).

Academia Octavio 28 (11+17): Pablo, David (2), Lois (2), Anxo (5), Javier (1), Sergio, Miguel (2)– Equipo inicial – Rodrigo (5), Fernando (3), Alcántara (3), Diego (5).

O pasado Domingo, o Grupo Lemaco Xiria, recibía no Vila de Noia ao equipo cadete do Octavio, clube que sempre destaca polo seu potencial nas categorías de base, inda que nesta tempada, os olívicos, visitaban Carballo ocupando o oitavo posto da táboa clasificatoria e a cinco puntos dos bergantiñáns, que ocupan a quinta e xa foran quen de batir aos vermellos no segundo partido da primeira volta. O envite, comenzaba con un equipo visitante moi metido en faena e así o indicaba o 0-3 de parcial que reflectía o marcador nos primeiros compases.
Os verdibrancos, que aínda non entraran no partido, cometían erros e perdas de balón, que propiciaban os contragolpes dos de Vigo. Pouco a pouco, fóronse entonando os locais e, no meridiano do primeiro acto, as forzas xa estaban igualadas (6-6). Un 4-2 de parcial nos seguintes cinco minutos, poñía a os de Xiria cunha avantaxe de 10-8 no paso polo vinte do encontro, para poder así afrontar os últimos dez, con certa tranquilidade. Agora, era o Grupo Lemaco o que dominaba no 40×20 e a súa defensa impoñíase unha e outra vez ó ataque do seu contrincante. Destre xeito, a avantaxe para os de casa no tempo de refrixerio, era de catro goles (15-11), unha diferencia cómoda, inda que non definitiva.

Comenzou a segunda parte e os carballeses non estaban dispostos a ceder nin dar opción a ningunha sorpresa. Deste xeito, os xogadores de Xiria, impoñían un ritmo alto en todas as facetas do xogo e a seriedade e efectividad cara a portería contraria, facía posible unha diferencia que se disparaba ata os dez goles no minuto quince de este acto. Co conxunto visitante xa, de brazos caídos, os bergantiñáns dominaron a pracer os derradeiros minutos e, deste xeito, conseguían dous importantes puntos que lles manteñen a tres da cotizada segunda praza.

A semana que ven, o conxunto de Xiria terá a sua primeira xornada de descanso desta segunda volta e recibirá, dentro de dous, o SAR de Redondela, un potente conxunto que xa conseguira derrotar a os cadetes de Xiria na primeira volta e que se sitúa, na clasificación, a tan só un punto dos de Carballo e cun partido menos.