Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

E.BM.XIRIA: 30 – LAS 5 JOTAS LAVADORES: 28

XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA E. BM. Xiria 30 (14+16): Jorge, Alberto (9), Lolo (2), Diego, Enrique (2), Iván (12), José, Julián (2), Dani (1), Oscar (1), Cristian, Calvo (1), Gabriel,…

XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA

E. BM. Xiria 30 (14+16): Jorge, Alberto (9), Lolo (2), Diego, Enrique (2), Iván (12), José, Julián (2), Dani (1), Oscar (1), Cristian, Calvo (1), Gabriel, Antonio.

LAS 5 JOTAS LAVADORES 28 (15+13): Raúl, Jorge (2), Pablo (1), Ramón (1), Pablo (7), Borja (8), Aarón (5), Mario (1), Aitor, Álvaro, Cristóbal (3) e Jesús.
Os xuvenís do Xiria afrontaban un partido que se presumía igualado entre dous equipos separados por un só punto na táboa, onde os de Carballo tentarían impor a súa condición de locais para levarse os dous puntos e non afastarse demasiado dos postos altos da táboa.
O encontro comezou moi a prol do Xiria que, cun Alberto moi inspirado en ataque, acadou un parcial de 7-1 con relativa comodidade, feito que obrigou aos de Lavadores a solicitar un tempo morto para reconducir a situación. Trala arenga os visitantes melloraron en ataque, co seu mellor xogador acaparando moito a atención dos defensores chegaban continuamente balóns aos extremos en moi boas condicións para marcar. Ao Xiria entroulle por momentos a presa en ataque e faiou en varias accións por querer resolvelas de xeito precipitado. Así a vantaxe inicial foise reducindo ata chegar ao descanso perdendo de un (14-15).
Na segunda metade o Xiria mellorou moito defensivamente, creándolles moitos máis problemas aos xogadores do Lavadores para acadar boas situacións de lanzamento. O cansazo pasaba factura de xeito especial ao seu central, Borja, que esgotado dunha continua loita con Iván Campos, que fixo un traballo espectacular no avanzado, comezaba a estar máis impreciso nos lanzamentos de longa distancia.
A balanza caía do lado do Xiria de novo e esta vez non a ían desaproveitar: quedaba un minuto e o Xiria atacaba (29-28), fixo un ataque longo, golpe franco no lado esquerdo, saca Pereira e Iván anota de lanzamento exterior ante o aviso de pasivo dos colexiados. O Lavadores saca pero xa non hai tempo a máis e o Xiria remata gañando un encontro compricado (30-28) e álzase así á 4ª praza.