Goldie Xiria 19 – BM Caselas 23
Crónica do Goldie Xiria 19 – BM Caselas 23 Manuel Rey / 18 Decembro 2013 GOLDIE XIRIA 19 – BM CASELAS 23 GOLDIE XIRIA 19 (10): Sara (Brenda) (p), María…
Crónica do Goldie Xiria 19 – BM Caselas 23
Manuel Rey / 18 Decembro 2013
GOLDIE XIRIA 19 – BM CASELAS 23
GOLDIE XIRIA 19 (10): Sara (Brenda) (p), María 2, Marta 6, Raquel 1, Adriana 1, Cris 6, Jessica (equipo inicial) Tamara 2, Isa, Lucía, Patricia, Sandra e Natalia 1.
BM CASELAS 23 (13): Daría (p), Sara 1, Paula 4, Antía 7, Elena 2, Zara 5 e Iris2 (equipo inicial) Patricia 2, Noelia, Pérez, Lorena e Aida.
Marcador cada 5 minutos: /3-1/ /3-3/ /5-5/ /7-7/ /9-10/ /10-13/ /12-17/ /12-19/ /14-19/ /15-20/ /17-22/ /19-23/
Arbitraron: Pablo Gonzáles e Ricardo Gómez, mal, non estiveron a altura do partido, excluiron a Elena (3 veces) polo Caselas
12ª Xornada da Primeira Autonómica Feminina. Sábado, 14 Decembro 2013
Bo partido o disputado polo Goldie Xiria diante dun rival de maior calidade e nos postos altos da táboa.
O encontro empezou cun Xiria moi motivado que dobregou ao Caselas nos primeiros 20 minutos a base de boas combinacións de ataque e intensidade defensiva, o cambio a unha defensa máis presionante do Caselas, provocou pérdidas de balón nas locais que cedían ao descanso con ese 10 a 13.
Un Caselas máis asentado tomaba a máxima ventaxa a mitade da segunda metade, 12 a 19, pero a reacción do Goldie acompañado polo acerto de sara na portería poñía o resultado nun puño a falta de 3 minutos, 19 a 21. Un par de decisións arbitrais e as prisas decidiron un final de encontro con ese 19 a 23 para o Caselas
A próxima semana o Goldie Xiria afrontará o seu derradeiro partido do ano frente da Sar de Redondela