Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

E.BM. XIRIA 34 – BM ÁRTABRO 25

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL MASCULINA – XORNADA 5 E.BM. Xiria: 34 (20+14): Jorge, Alberto (5), Lolo (4), Enrique (3), Iván (8), Diego (2), Julián (2) –Equipo inicial– Dani (4), Óscar…

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL MASCULINA – XORNADA 5

E.BM. Xiria: 34 (20+14): Jorge, Alberto (5), Lolo (4), Enrique (3), Iván (8), Diego (2), Julián (2) –Equipo inicial– Dani (4), Óscar (1), Buño, Cristian (1), Gabriel, Borja, José (4).

Bm. Ártabro: 25 (14+11): Braña, Rubén (4), España (4), Varela (4), Castellanos (4), Ferreiro (4), Otero (4) –Equipo inicial– Zas (1), Domínguez, Rodríguez, Giráldez, Leiva.

O equipo das Escolas Balonmán Xiria recibía ao conxunto coruñés do Balonmán Ártabro no primeiro derbi desta campaña. Os locais chegaban a este encontro con certas dúbidas despois do partido da semana pasada en Redondela. Os da Coruña, pola súa parte, facíano coa intención de superar aos bergantiñáns na táboa clasificatoria e auparse ao terceiro posto que ocupaban istes. Era, polo tanto, un enfrontamento de poder a poder, con dous equipos empatados a cinco puntos na clasificación, aínda que con un partido menos para os visitanes.

O envite comezaba intenso, cun Xiria máis metido en faena e facendo das transicións a súa mellor arma (4-1 min. 5). As tornas non tardaban en cambiar e os herculinos comezaban a facer dano na zona esquerda do seu ataque para responder cun 2-3 de parcial en poucos minutos. A diferenza acadada polos carballeses nos primeiros intres resultou ser vital para os seus intereses, xa que os visitantes nunca foron quen de achegarse no electrónico, aínda que as alternativas de dominio no xogo, sucedíanse nestos primeiros trinta minutos. No tempo de lecer, o marcador reflectía un 20-14 para os locais, diferenza importante e cómoda, pero nunca definitiva dada a entidade do rival.

Inicíabase a segunda metade con un novo parcial de 4-1 para os carballeses, feito que xa deixaba moi costa arriba o encontro para os visitantes. Cheos de amor propio e feridos no seu orgullo, os ártabros elevaban a sua intensidade defensiva xusto despois dun tempo morto solicitado polo seu adestrador, pero, aínda que conseguiron reducir diferenzas, a distancia antollábase demasiada para que o equipo de Xiria se vira sorprendido.

O 34-25 deixa dous puntos importatísimos na casa e aupa ao Xiria xuvenil ata a segunda posición da táboa.

A vindeira fin de semana, o conxunto carballés afrontará a súa primeira xornada de descanso na liga e non será ata dentro de dúas cando reciba, de novo na casa, ao Pabellón de Ourense, penúltimo clasificado con un punto.