Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

GRUPO LEMACO XIRIA 36 – BM ÁRTABRO 26

DIVISIÓN DE HONRA CADETE MASCULINA – XORNADA 5 Grupo Lemaco Xiria: 36 (12+24): Antonio, Carlos (9), Gabriel (3), José (4), Tito (2), Iván (6), Juanca (8) –Equipoinicial– Álex, Andrés (3),…

DIVISIÓN DE HONRA CADETE MASCULINA – XORNADA 5

Grupo Lemaco Xiria: 36 (12+24): Antonio, Carlos (9), Gabriel (3), José (4), Tito (2), Iván (6), Juanca (8) –Equipoinicial– Álex, Andrés (3), Souto, Dani, Borja (1), Alberto.

Bm. Ártabro: 26(10+16): Braña, Carbacceira (4), Mayer (4), Eiriksson (4), Zas (4), Giráldez (3), Balseiro (3) –Equipo inicial– Manuel (2), Iván (4), Abel, Fran (1).

Quinta xornada da División de Honra Cadete e primeiro derbi da tempada para o Grupo Lemaco Xiria e o Balonmán Ártabro da Coruña.

O envite tivo dous tempos ben diferenciados, sobre todo pola parte dos locais, que se mostraron erráticos e con pouco nivel competitivo no primeiro acto e intensos e resolutivos na segunda metade, acadando dous puntos importantísimos que os aupan ata a quinta praza, eso si, igualados con outros tres conxuntos.

Pouca disposición para afrontar un partido de liga mostraron os de Carballo nos inicios. Os dous conxuntos entraban moi fríos ao encontro e os erros sucedíanse por ambos bandos nos primeiros minutos (2-2 min. 10). A partir de aí, a igualdade era a nota predominante no marcador e ata no xogo, aínda que con vantaxes curtas para os locais. O 12-10, que reflectía o electrónico no tempo de descanso, deixaba as espadas en todo o alto cara a reanudación.

Na segunda parte, o Xiria saíu con outra disposición e, en apenas cinco minutos, poñía a directa cara a vitoria final cun parcial de 8-1, que deixaba o marcador nun esperanzador 20-11. O nivel competitivo que amosaron os carballeses neste tempo foi clave para mostrarse dominador do xogo e conseguir dous puntos moi importantes a estas alturas da tempada. A intensidade defensiva e as transicións defensa-ataque fixeron posible que os de Carballo decantaran o partido ao seu favor, xogando xa con moita máis soltura no ataque posicional, grazas a comoda renda que reflectía o electrónico.

Ao remate do encontro, o 36-26 deixa os puntos en xogo no peto do Xiria, pero non amosa o moito que sufríu no partido de hoxe, sobre todo na primeira parte.

A vindeira fin de semana, o conxunto bergantiñán viaxa a Vigo para enfrentarse ao Carballal, equipo recén ascendido e que ocupa a sexta posición da táboa clasificatoria empatado a puntos cos de Carballo, pero cun partido máis disputado por parte dos olívicos.