GARAYSA XIRIA 25 – CALFONCAL LAVADORES 31

Garaysa Xiria 25 (11+14): Raul Garcia (1), Diego Gago, Enrique Pena (3), Iván Campos (2), Manuel Rial (6), Julián López (13), Daniel Buño -equipo inicial- Jorge Brandón, Gabriel Nogales, Francisco Javier.

Calfoncal Lavadores 31 (15+16): Mario Martinez, Víctor León (8), Adrián Villar (2), Sergio Fernández, Carlos Iglesias (1), Noel Alves (1), Aarón Fernández, Iván Núñez, Cristobal Covelo, Raúl Pérez, Borja Méndez (19), David Fernández, Pablo.

Colexiados: Pablo Gonzalez.
Sexta xornada de liga na División de Honra infantil que se saldou con unha nova derrota do Garaysa Xiria, nesta ocasión ante o Lavadores, líder da competición.
O Garaysa, que afrontaba o partido coas baixas de Alberto Pereira, Óscar Esmorís, Daniel García e Cristian Gómes (todos eles por enfermidade), comezou o encontro máis forte que nunca, mantendo a igualdade no electrónico ata a metade da primeira parte. Pese á ausencia deses catro xogadores, o Xiria controlou bastante ben a dinámica do partido sen ter posibilidade de moitos cambios. Ao descanso o marcador sinalaba un 11-15 a prol dos olívicos.
Gran partido por parte dos locais fronte a un Lavadores moi serio no seu xogo, e que contan con dous xogadores na selección galega e un Borja Méndez que se amosou imparable acadando 19 dianas. O Garaysa estivo forte en defensa, facendo boas axudas, e en ataque moveu ben a bola aínda que cometou erros en pases e pecou de precipitacións nalgunhas accións, sobre todo motivado polo cansancio ao contar con poucos trocos.
O Garaysa Xiria está comezando a coller experencia nesta liga e con traballo e esforzo seguramente nos dean unha grata sorpresa nas vindeiras xornadas.