UB LAVADORES 28 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 27

UB Lavadores 28 (14+14): David, Álvarez (3), Aarón (3), Pablo (3), Bruno (6), Tomás (4), Anxo (3) -equipo inicial- Iván (2), Iago, Alfredo (1), Borja (2), David R., Daniel, Brais (1).

Ifecgás Pereira Xiria 27 (10+17): Naya,Iván (9), Zas (5), Nástor (4), Andrés, Oscar, Dani (6) -equipo inicial- Pombo, Diego (3).

Colexiados: Víctor Rivera e Xosé María García. Non estiveron ben, pero sen influencia no resultado final.

Viaxaba a Vigo o Ifecgás Pereira Xiria a Vigo para disputar a cuarta xornada na División de Honra Xuvenil para enforntarse á Unión Balonmán Lavadores. O equipo carballés vaixaba coa moral alta tras deixar unha boa imaxe a pasada fin de semana contra o Teucro, moi lonxe de aquel equipo indolente e con pouca intensidade que viramos en Ourense hai quince días. A ilusión estaba polo tanto por todo o alto para que os bergantiñáns sacaran os dous primeiros puntos fora do seu feudoa, pero a realidade foi ben distinta, xa que os visitantes daban de novo, e fronte a un equipo inferior, a mala imaxe fora de casa. O Ifecgás Pereira iniciou o encontro despistado e frío fronte un equipo que se mostrou moi superior no seu caracter competitivo. Os parciais de 5-1 e 9-3 durante a primeira metade deixaban ben as claras que a tarde ía ser complicada para os de Carballo. O Lavadores non amosou grandes alardes no seu xogo, máis ben todo o contrario, dando moitas facilidades en tarefas defensivas e mostrándose moi individualista no xogo de ataque, pero a súa intensidade foi suficiente para retirarse o vestiario cun marcador favorable de 14-10.

Na segunda metade o xogo do Ifecgás Pereira non mellorou en exceso, simplemente reducíronse de forma clara as perdas de balón e os erros absurdos da primeira metade. Isto unido aos erros que tiñan os locais no seu ataque propiciou que os carballeses se acercaran no marcador, tanto que a falta de trinta segundos dispuxeron de balón para empatar o partido, pero finalmente non o conseguiron.

O parcial de 14-17 a favor do Ifecgás Pereira Xiria na segunda parte, sen facer o bo xogo con que en ocasións nos deleita, deixa ben claro a superioridade dos carballeses e como conclusión a pena por deixar escapar de novo outros dous puntos moi importantes cara a clasificación final.

O próximo encontro a disputar polo Ifecgas Pereira será en Carballo fronte ao Bm Lalín dentro de 15 días, xa que a próximo fin de semana non haberá competición.