Elena Segade renova e súmase ao Calvo Xiria 21-22
A xogadora xalleira ampliou a súa vinculación co Calvo Xiria e continuará unha tempada máis no Vila de Noia. A extremo Elena Segade Martínez (Santa Comba, 1999) tratará de continuar…

A xogadora xalleira ampliou a súa vinculación co Calvo Xiria e continuará unha tempada máis no Vila de Noia.
A extremo Elena Segade Martínez (Santa Comba, 1999) tratará de continuar sendo unha das bazas ofensivas do conxunto carballés cos seus goles, a súa electricidade e o seu desborde para axudar ao Calvo Xiria a acadar os obxectivos marcados.
Ademáis, Elena tamén volverá a ser importante en tarefas defensivas co seu incansable traballo, o que de seguro que lle fará ter moitos minutos ao longo da tempada 2021-2022; na que cumprirá a súa sétima tempada en terras carballesas.


