Sara Pose continuará defendendo a portería do Calvo Xiria

A gardameta carballesa renova o seu compromiso co cadro verde e negro, e será, xunto a Nadia Vázquez, unha das encargadas de poñerlle o cadeado a portería do equipo que dirixe Manu López.

Sara Pose Varona (Carballo, 1996) continuará sendo unha das elexidas para defender a meta do Calvo Xiria, nunha tempada na que tratará de seguir medrando, como xa vén facendo durante os últimos anos, a base dunha gran constancia e moito traballo.

Con esta renovación, o Calvo Xiria asegúrase ter unha portería de garantías, xa que ter a Nadia e a Sara baixo paus é un seguro.