Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

EM CAMARIÑAS 18 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 36

Escola Municipal de Camariñas (9+9) 18: Álvaro, Fabio, Bieito, Jaime, Christian, Angel (3), Francisco L., Iago (5), Manuel (5), Francisco (2), Adrian, Mikael (3), Eusebio. Adestrador: Juan Ramón Canosa. Ifecgas…

Escola Municipal de Camariñas (9+9) 18: Álvaro, Fabio, Bieito, Jaime, Christian, Angel (3), Francisco L., Iago (5), Manuel (5), Francisco (2), Adrian, Mikael (3), Eusebio. Adestrador: Juan Ramón Canosa.

Ifecgas Pereira Xiria (19+17) 36: Chou, Damián (1), Ricardo (7), David (4), Heitor (5), Iván, Joaquin (5), Miguel (3), Bisbi, Luís (4), Jorge (7). Adestrador: Juan M. Rodriguez.

Colexiado: Enrique Taboada e Hector Piñeiro. Mal, aínda que non influíron no resultado.

O Ifecgás Pereira Xiria impúxose a domicilio na pista da EM Camariñas na terceira xornada da copa infantil masculina por 18 a 36.

Bo partido do Ifecgás Pereira no que destacou a rápida transición ataque defensa e a continuidade do balón en busca do gol unha vez chegada a área rival. Sen embargo, nesta ocasión, o punto feble nos carballeses foi unha defensa que concedeu moitos goles, moitos deles polo centro da zaga. Zona pola que non se pode permitir entrar a ningún rival.

Mención aparte tiñan os colexiados, algo faltos de lectura do regulamento, que pitaron e non pitaron cousas estrañas, non apuntaron os goles, cousa que levou a pillería por parte do equipo local para reducir a renda. Unhas situacións que non influiron no resultado pero si no desenvolvemento e vistosidade do xogo.

O próximo partido do Ifecgas Pereira Xiria será fronte ao Oar. Un partido con afán de revancha xa que o cadro coruñés privou aos de Carballo de facerse co título ligueiro no derradeiro partido, deixandoo tamén sen opcións de loitar polo campionato galego.