O Concello de Carballo rendeu unha homenaxe aos xogadores participantes no Campeonato de España
O Concello de Carballo rendeu unha homenaxe aos xogadores carballeses Álex Zas, Oak English Xiria, subcampión de España coa selección galega cadete masculina, Miguel Suárez-Pumariega e David García, Ifecgás Pereira…

O Concello de Carballo rendeu unha homenaxe aos xogadores carballeses Álex Zas, Oak English Xiria, subcampión de España coa selección galega cadete masculina, Miguel Suárez-Pumariega e David García, Ifecgás Pereira Xiria, subcampións de España coa selección galega infantil masculina, e Sheila Lavandeira e Cristina Gende, Bm Narón aínda que formadas na canteira do Xiria coa que continuan adestrando, terceiras clasificadas no campionato de España coa selección galega xuvenil feminina, así como ao seleccionador infantil masculino Eduardo Patiño, ex-adestrador de Xiria e home ligado laboralmente á vila de Carballo. O alcalde, Evencio Ferrero, o concelleiro de deportes, Marcos Trigo e a delegada provincial de Cultura e Deportes, Milagres Lantes, entregaron uns agasallos e recordos aos homenaxeados.


