EM CAMARIÑAS 27 – GARAYSA XIRIA 29
EM Camariñas (16+11) 21: Álex, Cristian (6), Canosa (2), Quintana (2), Carlos (2), Diego (5), Xabi (10) –equipo inicial- Félix, Héctor, Cristian C., Tajes, Jesús. Garaysa Xiria (15+14) 23: Miguel,…
EM Camariñas (16+11) 21: Álex, Cristian (6), Canosa (2), Quintana (2), Carlos (2), Diego (5), Xabi (10) –equipo inicial- Félix, Héctor, Cristian C., Tajes, Jesús.
Garaysa Xiria (15+14) 23: Miguel, Óscar, Diego, Iván (3), Ramón (7), Alberto, David (3) -equipo inicial – Naya, Néstor (1), Borja (3), Zas (7), Dani (4), Andrés (1), Rodrigo.
A sétima xornada do “Trofeo Delegación Territorial” en categoría xuvenil masculino deparou unha nova vitoria do Garaysa Xiria, que conta os seus partidos por trunfos, desta volta, actuando de visitante, na cancha da Escola Municipal de Camariñas á que se impuxo por idéntico marcador ao da primeira volta. No descanso mandaba o conxunto camariñán por 16 goles a 15.
Partido moi parecido ao disputado na primeira volta entre estes dous conxuntos. A primeira metade foi de dominio por parte do Camariñas que chegou a ter rendas favorables de até cinco goles e no que desenvolveu o seu mellor xogo, de xeito que o Garaysa Xiria non atopaba o seu sitio no terreo de xogo.
A segunda metade volveu a dar diferenzas a prol dos locais pero nos derradeiros quince minutos trocaron as tronas e unhas boas defensas e accións en portería que culminaban con lanzamentos cómodos para os de Carballo facían dar a volta ao marcador, poñéndose por diante. A partir deste intre oa carballeses non permitron ao Camariñas situacións de finalización cómodas o que se transformou nunha nova victoria para o Garaysa Xiria, aínda que sen demostrar todo o potencial que se lle supón, por aparicións puntuais ao longo da tempada, a este equipo.