Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

PROCASA XIRIA 10 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 30

Procasa Xiria: Carlos, Edu (2), Alex (2), Jorge Bouzas (2), Luis Iglesias(2), Javi (2), Ruben Anes -equipo inicial – Calvete, Martín Gómez, Iván Nogales, Martín Alfeirán Ifecgas Pereira Xiria: Bisbi,…

Procasa Xiria: Carlos, Edu (2), Alex (2), Jorge Bouzas (2), Luis Iglesias(2), Javi (2), Ruben Anes -equipo inicial – Calvete, Martín Gómez, Iván Nogales, Martín Alfeirán

Ifecgas Pereira Xiria: Bisbi, Damian (3), Heitor (3), Joaquín (4), Jorge Viñas (5), Luis García (5), Miguel (10) -equipo inicial- Chouciño, Ivan.

Colexiados: Os colexiados, José Carlos Fernádez e Daniel Lago, non influiron no resultado.

O Ifecgás Pereira Xiria, formado polos infantís de segundo ano, derrotou os seus compañeiros de clube do Procasa Xiria, infantís de primeiro ano, no primeiro partido da liga provincial infantil 2007-2008. O equipo visitante, que no día de hoxe era o Ifecgás Pereira Xiria, valeuse da sua maior antropometría e forza física, así coma da sua maior experiencia para impoñerse con claridade ao equipo de primeiro ano do Procasa Xiria. Os locais xogaban o primeiro partido oficial a todo o campo e, sobre todo, na primeira metade notouse que estaban moi nerviosos e atenazados.

Na segunda parte os xogadores do Procasa Xiria sairon con máis desparpaxo e amosaron a calidade que posúen. O partido foi moito mais igualado na reanudación e a loita e a soltura que mostraron os xogadores de primeiro ano propiciou que o Ifecgás Pereira Xiria se impuxera neste segundo tempo tan so por dous tantos de diferenza.

Boas sensacions deron os rapaces de Fernando Vázquez neste primeira experiencia no 40×20 demostrando que se seguen a traballar asi pode ser un equipo que de moitas alegrias ao club carballés.

Tras a disputa desta primeira xornada os rapaces do Ifecgás Pereira Xiria, dirixido por Juan Rodríguez, colócanse na primeira posición da táboa clasificatoria.

A vindeira fin de semana o Ifecgás Pereira Xiria recibe ao Bm. Ponteume.es namentras que o Procasa xogará a domicilio fronte ao Bm. Narón.