EM Camariñas 32 (16+16): Alvaro, Paco (4), Caamaño (13), Martín (6), Damián, Manuel (4), Bieito -equipoinicial- Ángel (3), Cristian, Iago (2), Pais.
Ifecgás Pereira Xiria 40 (17+23): Bisbi, Ricardo (2), Jorge, Brais (8), Iago (11), Antón (10), Miguel (2) – equipoinicial- David, Heitor (3), Iván , Damián (1), Docampo, Joaquín, Martín(3)
Colexiados: Juan e Rafael Iglesias.Fixeron unha moi mala arbitraxe, aínda que non tiveron influencia no resultado final do encontro.
Visitaba o Vipecón Xiria a pista da EM de Camariñas para vivir un novo derbi e a pesar de non facer o equipo carballés o seu mellor partido conseguía facerse con dous importantes puntos para consolidarse na 5ª posición da táboa.
O Vipecón nunca temeu polo resultado final, incluso na primeira metade cando os de Carballo encadeaban erros no lanzamentos sinxelos dende os seis ao igual que as reireradas perdas de balón. Os carballeses levaron dende o inicio vantaxe no marcador superando a seu rival en todas as facetas do xogo a pesar de non xogar coa intensidade á que nos teñen acostumados. Aínda que en determinadas fases aa diferenzas eran mínimas daba a sensación de que en canto o Vipecón apretase un pouco o acelerador podíase marchar no marcador cunha diferenza máis ampla. Finalmente os visitantes ianse ao descanso cun marcador favorable de 16-17, grazas á súa superioridade.
O partido xa non era atractivo, pero na reanudación e mediada a segunda metade, os xogadores de Carballo apretaron o acelerador, aumentaron a intensidade e escaparonse de forma clara e contundente no electrónico. Os locais, sabedores da imposibilidade de remontar, baixaron os brazos e os últimos minutos foron moi tranquilos para o Vipecón Xiria. O resultado final de 32-40 non deixa unhas boas sensacións cara o xogo que desenvolveu o equipo, pero permite a suma de dous importantes puntos para afrontar a recta final da liga, onde o Vipecón Xiria se instalou na zona media-alta da clasificación.
Dobre xornada para o Vipecón Xiria nesta semana posto que o xoves se desprazara a Pontevedra para medirse á SD Teucro Norbrok e o domingo xogará en Carballo fronte ao Cisne Grupo Pirsa.
